Skip to Content

Imaxes nos bloques

No bloque Ligazóns deste portal, empregamos imaxes con ligazóns para lanzar determindas paxinas.

Unha maneira sinxela de incluir imaxes nun bloque pode ser a seguinte, utilizando un código moi simple:

1-Primeiro deberiamos subir unha imaxe, cun tamaño adecuado, para incluir no bloque.

Para subir a imaxe, podemos facelo de distintas maneiras, pero posiblemente a máis sinxela sexa, crear un contido páxina e incluir unha imaxe no corpo premendo na icona da árbore.

Cando prememos na icona da árbore podemos atopar xa a imaxe subida ou terémola que subir. Unha vez arriba, se prememos co botón dereito sobre ela, veremos a súa URL. Copiámola.

2-Na ruta Administrar>Contrucción da páxina>Bloques engadimos un bloque, poñemoslle nome e configurámolo.

No corpo incluímos un codigo no que indicamos a dirección da imaxe e a dirección da ligazón.

Na imaxe, marcado en azul podemos ver a URL da imaxe, que termos que sustituir pola que corresponda. Antes, entre comiñas vemos a URL da ligazón, que tamén deberiamos modificar.

CÓDIGO
<a href="http://moodle.org/course/view.php?id=11" target="_blank"> <img border="0" src="/formaciondrupal/files/moodle.gif" width="91" height="26"></a>

En bermelo a URL da ligazón, en blanco a URL da imaxe.

Coidadiño cos tamaños xa que podemos desfigurar a imaxe. 



page | by Dr. Radut