Pode que desexemos acochar bloques cando entramos nun determinado menú, tipo de contido ou documento. Unha maneira moi sinxela de acochalos é ir á ruta Administrar » Construcción da páxina » Bloques e alí engadir o nome das rutas nas que quero que un determinado bloque se acoche ou se mostre.
Observemos a imaxe:
taxonomy_menu/8/41 é a ruta dun determinado menú.
node/173 é a ruta dun documento ou páxina.
<front> é a páxina principal.
Neste caso, o menú ao que lle estou dando esas propiedades, cando selecciones ditas páxinas non se verá. Desaparecerá da pantalla.