Skip to Content

Menús basados en categorías

Propoñemos crear menús basándonos nas taxonomías. Facémolo así porque Drupal dispón de uns módulos que nos van a permitir crear eses menús e controlar o acceso a eles tanto para publicar como para ver ou editar os seus contidos.

O proceso é un tanto laborioso pero sinxelo unha vez entendido.

1 - Creamos categorías:

Administrar » Administración do contido » Categorías: Engadímos vocabulario e indicamos:

tipos de contido que van a poder publicarse dentro dese vocabulario (normalmente todos menos foros)

Xerarquía simple: vainos a permitir facer menús dentro de menú

Etiquetado libre: se o marcase non serían necesario termos nese vocabulario. Cando crease o contido poría o nome do termo ou menú.

Selección múltiple: se o marcamos permitenos que un mesmo contido figure en varios apartados dese menú. Normalmente non se marca.

Requerido: implicaría que sería un lugar obligatorio de publicación de calquera contido. Non se debería marcar normalmente

2 - Ao vocabulario engadido creámoslle termos. Os termos son os distintos apartados do menú. Damoslle un nome e un peso para que conserven unha orde. Os termos de menos peso estarán máis arriba.

3 - Unha vez creada a categoría, co seu vocabulario e os seus termos, teremos que realizar unha acción que nos vai a permitir empregar ou converter esta categoría nun menú.

Accedemos á opción Administrar » Configuración da páxina » Taxonomías - Menús. Añí veremos que todas as categorías creadas previamente teñen seleccionada a opción Normal, mentres que a da categoría recén creada ten seleccionada por defecto a opción Non. Debemos, pois, marcar a opción Normal para que esta Taxonomía se converta nun Menú.

4 - Na ruta Administrar » Construcción da páxina » Menús » Engadir menús engadimos menú.

Fixarse que dito menú aparece ao final da páxina de menús

5 - Nesa mesma páxina de menús, buscamos dentro do menú de Navegación a categoría creada cos seus termos.

Ahí mesmo, prememos en editar ese vocabulario, ábrirase unha ventá na que temos que ir ao desplegable elemento pai (Navegación) e asignámoslle o nome do menú que fixemos.

Se fixemos ben as cousas veremos que o vocabulario e os termos agora están dentro do menú creado.

Menú

  • Vocabulario (Categoría)

Termo1
Termo2
Termo3

Normalmente desactivamos o vocabulario dentro do menú para que se vexan so os termos salvo no caso de que ditos termos non estén expandidos. Se están expandidos non soe ter sentido que esté activo o vocabulario.

Se desactivamos a categoría os termos expándense automaticamente.

5 - Bloques.

Se fixemos todo correctamente vamos á ruta Administrar » Construcción da páxina » Bloques e apareceranos un bloque co mesmo nome que o menú creado, coa categoría dentro se non está desactivada e os termos correspondente.

Agora so nos queda marcar dito bloque endicar onde o queremos: arriba, abaixo, dreira ou esquerda.

Resumindo:

Creamos unha Categoría cos seus termos. Marcanos na opción de Taxonomías-Menús a opción Normal para que a cetegoría actúe como Menú. Logo creamos un menú no que facemos que navegue a categoría (Metemos a categoría cos termos dentro do menú). Con elo xa temos un bloque, que teremos que activar para que se vexa.



page | by Dr. Radut