Lingua galega e Literatura
ACTUALIZADO
Queredes pasar medo? Aquí tedes a selección completa dos nosos clásicos "Relatos de Samaín"
Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro "Día internacional conta a violencia de xénero" terán lugar dúas actividades ao longo da vindeira semana. O luns 26 haberá un recital poético organizado polo departamento de Galego. Do martes 27 ao venres 30 dentro do programa ·Por 365 días de respecto e igualdade" conducido polo departamento de orientación, no salón de actos poderase asistir a proxección dun ciclo de curtamentraxes de autora nos que se trata o tema da violencia de xénero dende diferentes perspectivas. Aquí tedes o programa:
PROGRAMA DO CICLO DE CURTAMENTRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 1º BAC asistiu onte en Santiago á proxección da película documental "tódalas mulleres que coñezo" da cineasta Xiana de Teixeiro, acompañado polas profesoras María José García, Pilar Castro e Pilar Mirón.
Máis comentarios alabando a publicación do libro "Xente e Terra de Barcala: letras da mocidade" coordinado dende os departamentos de Xeografía e Historia e Galego. Desta vez trátase do profesor e crítico literario Armando Requeixo, a quen agradecemos dea visibilidade a ese traballo colectivo, digno de admiración e eloxio.
Compartimos con vos un interesante artigo sobre a famosa Revolucíon dos claveles do 25 de abril de 1974, escrito pola alumna de portugués María Noya.
Noraboa aos equipos do IES Xulián Magariños que participaron na gran final de Club de Debate en Ferrol e como sempre deixaron moi boas impresións. Este ano a victoria foi para Ames, a quen tamén felicitamos cariñosamente, que gañou nunha disputadísima final a o equipo 1 do noso centro.
A pesar de que non gañaron, o noso alumnado tivo como sempre unha actitude magnífica e dedicáronlle a María Blanco, quen para o curso que ven trasládase de centro, unha despedida moi emotiva con peza de gaita incluída.