Actividades
O Programa “Lectura e familias” que desenvolve a Biblioteca do IES Xulián Magariños inaugura os seus Encontros con Escritores e Escritoras da Comarca coa visita de Manuel Iglesias Turnes o martes 14 de marzo ás 5 da tarde.
Será un encontro coas nais / pais do alumnado que se celebrará na Biblioteca do IES e na que repasaremos co escritor a súa traxectoria literaria.
Manuel Iglesias Turnes (Cabanas, A Baña, 1950) desenvolveu a súa actividade profesional xunguida ao mundo das vacas, primeiro desde a Asociación Frisona Galega (Afriaga), cun importante labor na profesionalización deste sector en Galicia, e máis tarde levando a cabo unha actividade comercial relacionada co mundo da mellora xenética da variedade Holstein. Foi o primeiro presidente da Asociación Cultural Afonso Eanes do Val de Barcala e na actualidade está xubilado e cursa o IV ciclo universitario na USC.
Como narrador, ten publicadas en Xerais as obras «As rapazas de Xan» (2012), «Que non te aten» (2016) e «Os soños de Miguel» (2022).
ANIMANDO AS FAMILIAS A LER
O IES Xulián Magariños de Negreira é un dos 50 centros educativos de Galicia seleccionados este curso dentro do programa "Lectura e familias", integrado no Plan LIA 2021-25 de Bibliotecas escolares. Con este motivo o Equipo da Biblioteca, en colaboración coa ANPA A Barcalesa, convocou unha reunión no centro educativo para informar ás familias das iniciativas que se prevé desenvolver en colaboración con elas: mediación lectora, encontros con escritores/as da contorna, alfabetización informacional ou as posibilidades da lectura electrónica, entre outras.
Manolo López Tuñas exprofesor do IES Xulián Magariños, presenta o seu libro "A Flor da Figueira" no Salón de Actos, participaron alumnado de 3º ESO, Organizou: Bilioteca.
--------------------XANEIRO 2014--------------- | |
11/12/2013 | A IMPORTANCIA DE ESTUDAR LATÍN |
|
|
--------------------DECEMBRO 2013--------------- |
|
11/12/2013 |
HOMENAXE A FERNANDO ARGENTA |
Homenaxe ao recentemente desaparecido FERNANDO ARGENTA, gran divulgador da música clásica. Vídeos: http://www.youtube.com/watch?v=xKYdKqAcdsE http://www.youtube.com/watch?v=IduiUOAgxAk https://www.youtube.com/watch?v=23r2LT-65ko
Para ver as fotos da exposición na Biblioteca, facer clic aqui. |
|
--------------------NOVEMBRO 2013--------------- |
|
19/11/2013 |
VÍDEO HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO |
Que mellor comenzo de actividades que cun vídeo sobre ISAAC, é un documental de cincuenta e cinco minutos que conta o pensamento e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre unha boa parte dos acontecementos e da vida que lle toco e lle está a tocar vivir. Contado con ritmo vivo, o sentido do humor e a clarividencia que son propias do personaxe galego máis relevante e fértil de todo o século vinte e do que vai do vinte e un.
En definitiva, ISAAC é Isaac. Para ver o vídeo facer clic aqui. |
|
19/11/2013 |
INSTALACIÓNS E ESTRUTURA DO LOCAL |
Comezamos este curso 2013-14 con toda a información das actividades da Biblioteca, na nosa páxina web oficial. en primeiro lugar mostramos as fotografias da instalación e as da disposición do mobiliario. Para ver as fotos, facer clic aqui. |
- XANEIRO-FEBREIRO 2008: Banda deseñada e desenvolvemento sostible
- DECEMBRO 2007: Accede ás fotos dalgunhas actividades da Biblioteca feitas en decembro