Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
O alumnado que remata a ESO neste curso 23-24 cunha nota media igual ou superior a 9 pode participar nas probas para optar a un dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. O prazo de inscrición é ata o 8 de xullo. PRIMICIA MUNDIAL !
O alumnado de 1º de bacharelato coordinado pola profesora María Dolores Rodríguez Pazo presenta o seu proxecto solidario Magariño's chefs - Cociñeiros do Magariños Un libro de receitas propio, en galego e inglés, con cuxa venda pretenden axudar á investigación e tratamento de enfermidades raras. Tanto o alumnado como o resto de persoas que colaboraron na edición do libro o fixeron de maneira totalmente altruista. O prezo de venda ao público será de 10€ que serán doados na súa totalidade a FEGEREX (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) Esperamos que vos guste e vos decidades a axudar mercando o libro que xa está dispoñible na librería SIMBA de Negreira (a quenes agradecemos de corazón a súa colaboración) e na conserxería do instituto. Noraboa a alumnado e profesora por esta marabillosa iniciativa e grazas a todos os que vos animedes a colaborar.
|