Eventos
Mar | ||
---|---|---|
CAMPAÑA DE COLABORACIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN POR ACEITES O IES Xulián Magariños vai ser BIOESCOLA e colaborará na recollida e reciclaxe de aceites usados de cociña en colaboración coa empresa de reciclaxe galega ARIOIL. A empresa instalou un contenedor adecuado para a recollida de aceite de cociña usado en botellas de plástico, procedente das casas dos alumnos. Posteriormente valorarase económicamente o aceite recollido, para axudar á financiación de actividades extraescolares como a viaxe de 4º ESO. Ademáis participamos no concurso no que o centro que máis aceite usado recicle por ratio de alumnado, recibirá un premio de 500 euros. O ACEITE DE COCIÑA USADO ¿RESIDUO ou RECURSO? Oaceite de cociña é un recurso fácilmente reciclable , pero como residuo, se non se separa correctamente é moi contaminante xa que dificulta enormemente o traballo eficaz das plantas de tratamento de augas residuais e vertido sen control crea unha película flotante sobre a lámina de auga que impide a súa osixenación. Cos aceites de cociña recollidos, e tras os tratamentos axeitados, obtense unha materia prima para a produción principalmente de biodiesel ecolóxico, xabóns, deterxentes, fertilizantes, pinturas, vernices, etc., xerando así unha actividade económica sostible e reducindo a dependencia dos combustibles fósiles. ¿COMO PODEMOS COLABORAR? Traendo o aceite de cociña usado da túa casa, nunha botella de plástico resistente, limpa e ben pechada. Pode ser en botellas de 1L ata garrafas de 5 L. Por favor, exclusivamente aceite de cociña alimentario usado.
|