Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Estimadas familias: Queremos informarvos dunha nova aplicación de préstamos de libros dixitais E-ELBE 2 que lanza a Consellería de Educación, que dará ao alumnado a oportunidade de ler en liña ou descargar temporalmente ata 3.000 títulos entre os que se atopan moitas lecturas obrigatoiras dos cursos. É ademais moi interesante porque da acceso a libros actuais en galego, castelán e inglés. Nos próximos días explicaremos nos diferentes grupos como funciona. O alumnado precisa dun contrasinal que lles permitirá rexistrarse e que nos enviaron desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. De todos os xeitos, tedes aquí a información precisa para que comecedes a coñecer a plataforma E-ELBE 2.
ACCESO Á BIBLIOTECA (sen contrasinal o único que poderedes facer polo de agora é consultar o catálogo) INFORMACIÓN |