Eventos
Dom | ||
---|---|---|
Acaba de saír publicada a Orde de 6 de maio de 2021 que regula a participación nesta convocatoria. INSTRUCIÓNS XERAIS (RESUMO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN) Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros de texto a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e axuda para material escolar por valor de 50€, e 4 libros de texto para rentas inferiores a 10000€ per cápita. Lembramos que un requisito imprescindible para poder recibir estas axudas e os libros en réstamo é a devolución en bo estado dos libros que foran prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento de devolución. AVISO PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO: O IES Xulián Magariños foi admitido no proxecto EDIXGAL polo que segundo o artigo 1.2 da convocatoria está excluído da participación no Fondo Solidario de libros pero sí pode solicitar a axuda para material escolar se reúne os requisitos. PRAZO : O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021. COMO CUBRIR OS DATOS NA SOLICITUDE: Ver PDF adxunto PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES Recomendamos encarecidamente empregar a aplicación informática FONDO LIBROS https://www.edu.xunta.es/fondolibros para xerar e cubrir os datos da solicitude. Para facelo terán que identificarse na aplicación pulsando o botón verde da esquina superior dereita. No caso de que non poidan presentalas pola sede electrónica, as datas para a presentación de solicitudes no centro serán escalonadas por protocolo COVID segundo o seguinte calendario e en horario de 9:30 a 14:00 horas.
Unha vez completado o impreso de participación na aplicación informática a solicitude numerada pódese presentar :
Se por calquera motivo non pode cubrir a solicitude en Internet , na conserxería do instituto existen copias en papel que poden pasar a recoller.
|