Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
17
all day
O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística coordinado pola profesora Begoña Leal está volcado na celebración do Día das Letras Galegas. O alumnado de 1º ESO e de 2º Bacharelato gravou poemas de Xela Arias que enviamos á radio, porque ían facer un programa sobre a poeta. Onte foron á radio Negreira as alumnas de 2º ESO que deseñaron o tríptico sobre Xela Arias que distribuiremos no centro.
| 18
| 19
all day
Durante este mes de maio o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e o de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de bacharelato fixemos unha serie de saídas á contorna coa fin de fortalecer os contidos impartidos en clase relacionados coa ecoloxía, rama científica da bioloxía. Nunha das saídas, dirixidos por Sergio Vázquez (alumno do Prácticum do Máster Universitario en Profesorado de ESO), fixemos un estudo da biomasa árborea das explotacións forestais e dos bosques situados preto do noso centro educativo. Empregando un metro e un clinómetro caseiro, tomamos unha serie de medidas, coas cales posteriormente, usando a tanxente trigonométrica e outros cálculos xeométricos, estimamos a biomasa dunha serie de árbores. Finalmente, con esta mostra de datos individuais de cada árbore calculamos cal sería a biomasa para unha parcela enteira. Este estudo, pois, permitiunos repasar, amais de conceptos da materia de bioloxía, diversos conceptos matemáticos. Noutra saída abordamos o estudo do rego de Doumes, situado preto do Instituto. Seguindo directrices do Proxecto Ríos, organizado pola asociación ecoloxista galega ADEGA, analizamos diversos factores abióticos, tales como a temperatura, pH, caudal, turbidez, dureza da auga, así como a concentración de nitritos, nitratos e cloro. Ademais disto estudamos a presenza de diversas especies que actúan como bioindicadores do estado da saúde ecolóxica dos ríos. Unha vez analizados todos os datos, tanto os factores abióticos como os bioindicadores, chegamos á conclusión de que o estado deste ecosistema é sobresaínte. É unha gran noticia e esperamos que no futuro siga así. Santiago Rodríguez. Profesor do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía | 20
| 21
Data21/05/2021
Acaba de saír publicada a Orde de 6 de maio de 2021 que regula a participación nesta convocatoria. INSTRUCIÓNS XERAIS (RESUMO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN) Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros de texto a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e axuda para material escolar por valor de 50€, e 4 libros de texto para rentas inferiores a 10000€ per cápita. Lembramos que un requisito imprescindible para poder recibir estas axudas e os libros en réstamo é a devolución en bo estado dos libros que foran prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento de devolución. AVISO PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO: O IES Xulián Magariños foi admitido no proxecto EDIXGAL polo que segundo o artigo 1.2 da convocatoria está excluído da participación no Fondo Solidario de libros pero sí pode solicitar a axuda para material escolar se reúne os requisitos. PRAZO : O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021. COMO CUBRIR OS DATOS NA SOLICITUDE: Ver PDF adxunto PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES Recomendamos encarecidamente empregar a aplicación informática FONDO LIBROS https://www.edu.xunta.es/fondolibros para xerar e cubrir os datos da solicitude. Para facelo terán que identificarse na aplicación pulsando o botón verde da esquina superior dereita. No caso de que non poidan presentalas pola sede electrónica, as datas para a presentación de solicitudes no centro serán escalonadas por protocolo COVID segundo o seguinte calendario e en horario de 9:30 a 14:00 horas.
Unha vez completado o impreso de participación na aplicación informática a solicitude numerada pódese presentar :
Se por calquera motivo non pode cubrir a solicitude en Internet , na conserxería do instituto existen copias en papel que poden pasar a recoller.
| 22

| 23

|