Eventos - Filtro:
Lun | ||
---|---|---|
O 27 de abril ábrese o prazo para presentar a solicitude. Os premios extraordinarios de bacharelato recoñecen e valoran o esforzo, mérito e traballo do alumnado que cursou esta etapa cun excelente resultado académico. Concédense ata 20 premios a nivel de toda Galicia, dotados con 1000 € cada un e diploma que permiten optar posteriormente ao premio nacional de bacharelato e tamén eximen do pagamento da matrícula universitaria en 1º curso. Pode concurrir de xeito voluntario o alumnado que remate bacharelato este curso 20/21 cunha nota media superior a 8,75 INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA NA WEB da Consellería de Educación
Data10/05/2021 18:38
Se che gustan as matemáticas, tes talento para elas e naciches nos anos 2007, 2008 ou 2009 podes apuntarte ao PROGRAMA ESTALMAT (Estimulación do Talento Matemático) da Universidade de Santiago de Compostela. Tes de prazo entre o 6 de maio e o 1 de xuño. O proceso de selección consta de 2 fases: -Unha proba de aptitude consistente na resolución dunha serie de problemas (EXEMPLO DE PROBA DE SELECCIÓN) - Unha entrevista persoal para avaliar o interese e o compromiso de participación. Os seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2021-22 e 2022-23, 20 sesións cada curso, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso)
|