Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
No día mundial contra a violencia de xénero, toda a comunidade educativa do IES Xulián Magariños facemos público o noso apoio a esa causa na procura dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria. A educación en igualdade e respeto é un dos nosos obxectivos prioritarios. Alumnos de Química de 2 de bacharelato visitaron o centro de investigación avanzada en química (CIQUS) da USC, onde aparte de coñecer o persoal, os laboratorios e os equipamentos máis avanzados para a investigación, levaron a cabo varias prácticas. Carmen Luaces, xefa do departamento de Física e Química foi a coordinadora da actividade. O alumnado de Primeiro de ESO visitou esta semana o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, nunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Linguística. E de paso rendiron homenaxe a excelsa Rosalía de Castro coa entrega dun ramo de flores que colocaron na súa tumba.
Os nosos parabéns a Alba, alumna de bacharelato no noso instituto. Campeona galega de marcha. Desexámoste moitos éxitos tanto académicos como deportivos. |