Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
Estimados/as pais/nais/titores do alumnado do IES Xulián Magariños: Como xa informamos anteriormente, este curso o instituto ten previsto mellorar a comunicación coas familias continuando coa difusión do uso da aplicación gratuíta da Consellería de Educación “Abalar Móbil”. Esta aplicación vos vai ofrecer vantaxes como: • Consultar as cualificacións dos vosos fillos e fillas • Consultar e xustificar as faltas de asistencia • Consultar as faltas de conduta • Solicitar unha cita de titoría • Consultar os datos do centro educativo • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. • Consultar as incidencias creadas polo profesorado Todas aquelas familias interesadas podedes asistir a unha reunión informativa que se celebrará no salón de actos do instituto o vindeiro martes día 8 de outubro ás 19 horas. É recomendable (aínda que non imprescindible) que, antes de asistir, descarguedes no voso terminal móbil a aplicación desde Apple Store ou desde Play Store. VER COMUNICADO OFICIAL DO CENTRO ________________________________________________ Lembramos que a partir deste curso 2019-2020 as canles preferentes de comunicación coa comunidade educativa serán a aplicación oficial da Consellería de Educación “Abalar Móbil” e a páxina web do centro, co obxectivo é axilizar o envío de avisos e evitar o despilfarro de papel. RECOMENDAMOS encarecidamente que os pais, nais e titores legais do alumnado instalen dita aplicación e a usen. Está dispoñible para telefonos Android e Iphone. Tamén é moi importante que consulten regularmente a web do centro. Para o bo funcionamento da aplicación debemos ter nas nosas bases de datos o nº de telefono móbil dos responsables actualizado.
Ligazón á información sobre a aplicación Abalar Móbil na Consellería de Educación |