Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Hoxe 2 de maio é o Día Internacional contra o acoso escolar. No centro traballamos intensamente en varios frontes para consolidar a cultura da non violencia, a convivencia positiva e o valor da palabra. O equipo de mediación, as Titorías entre Iguais, o equipo de igualdade son parte esencial deste proxecto de convivencia que facemos entre todos nós. Non obstante é necesario lembrar que todos e todas debemos loitar contra o acoso escolar. Por iso, se coñecedes como testemuñas, ou por indicios, dalgún posible caso, poñédeo en coñecemento do voso titor ou titora, ou da dirección do centro.
|