Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Hoxe inauguramos dúas mostras de carteis adicados a excepcionais figuras femininas no mundo da técnica e da ciencia. Mulleres que foron pioneiras nos seus campos e que na maioría dos casos careceron do xusto recoñecemento no seu tempo. Quen dixo que as tecnoloxías e as ciencias non son cousa de mulleres? (podedes descargar unha imaxe dos carteis clicando en adxuntos)
Co gallo da celebración do 8 de marzo, o Departamento de DInamización Lingúística organizará o visionado da curtametraxe "Matria" de Álvaro Gago, e un posterior coloquio co director. Terá lugar o mércores día 7 no centro sociocultural de Negreira para o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º BAC, e ocupará a terceira e cuarta horas. https://www.verkami.com/projects/16751-matria Matria, premiada co gran premio do xurado no festival de Sundance
ÚLTIMOS DÍAS para solicitar as axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras
O prazo para solicitar as axudas para participar en actividades de formación en linguas estranxeiras remata o 7 de marzo. Estas axudas subvenionan entre o 50% e o 85% do custo real da actividade. Dende 70 € (en función da renda e circunstancias familiares) se pode realizar un curso de 2 semanas de inglés. Tamén hay posibilidade de solicitar cursos de francés e portugués. Tedes toda a información na web da Consellería https://www.edu.xunta.es/axudasle/ |