Eventos
Ven | ||
---|---|---|
O director do Gabinete de comunicación da USC , Luis Celeiro, impartiu unha conferencia no noso centro, onde insistiu na necesidade que a sociedade ten de cidadáns formados, intelectualmente preparados e con capacidade de análise, e mostouse partidario da implantación dunha materia que axude ao alumnado a afondar na análise e valoración da información. Data26/01/2018 19:00
Sabemos que fan os nosos fillos e fillas co teléfono mobil con conexión a internet? Este venres no salón de actos as 19:00 horas a xefa de estudos e a orientadora do centro falarán dos usos e abusos dos móbiles por parte dos adolescentes, onde en certos casos pode haber implicacións legais. Recomendamos especialmente a asistencia de pais, nais e titores legais do alumnado. Haberá unha posta en común e unha parte práctica polo que se recomenda traer un teléfono móbil intelixente (smartphone). |