Eventos
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
• Dª. Alba García Mato
• Dª. Soraya Lorenzo Touceda
• Dª. Alicia Fernández Casas
• Dª. Nerea Leis Piñeiro
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por
• Dª. Alba Espasandín Vázquez, 4º ESO B
• Dª María Mosquera Mouro, 4º ESO A
Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes.
A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa.
AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese.
O luns 26 de xuño comezaba o prazo de inscrición a ciclos formativos de FP de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e réxime para persoas adultas.
Lembramos que a normativa aplicable é a Orde do 15 de xuño de 2016 de admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros sostidos con fondos públicos. De todos xeitos en virtude da aplicación do Real decreto-lei 5/2016 desenvolvido polo Real decreto 562/2017, que modifica a disposición derradeira quinta da LOMCE, as avaliacións finais de etapa da ESO e do Bacharelato non terán valor académico; ademais todos os títulos de graduado na ESO poderán acceder indistintamente ás ensinanzas de educación secundaria postobrigatoria (grao medio e bacharelato).
El Correo Gallego informa na edición de hoxe da resolución e entrega do Premio de Investigación Científica "Victoria Otero Espinar" promovido polo noso centro educativo e que pretende descubrir e potenciar as vocacións científicas e investigadoras entre o noso alumnado.
Estamos novamente de noraboa. A alumna de 2º bacharelato Lidia Cambón Cancio ven de gañar o 1º premio de narración curta Concello de Curtis na categoría A coa obra "Do soño á realidade". Os membros do xurado subliñaron a calidade das obras presentadas a concurso (mais de medio centenar de relatos), o que pon de relevo o interese dos xóvenes pola escritura e a literatura. Parabéns a Lidia e a o resto dos premiados.