Prazo de inscrición a ciclos formativos de FP de grao medio e superior
O luns 26 de xuño comezaba o prazo de inscrición a ciclos formativos de FP de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e réxime para persoas adultas.
Lembramos que a normativa aplicable é a Orde do 15 de xuño de 2016 de admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros sostidos con fondos públicos. De todos xeitos en virtude da aplicación do Real decreto-lei 5/2016 desenvolvido polo Real decreto 562/2017, que modifica a disposición derradeira quinta da LOMCE, as avaliacións finais de etapa da ESO e do Bacharelato non terán valor académico; ademais todos os títulos de graduado na ESO poderán acceder indistintamente ás ensinanzas de educación secundaria postobrigatoria (grao medio e bacharelato).
MAIS INFORMACIÓN NA WEB DE FP DA CONSELLERÍA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
admision_fp_17.pdf | 221.24 KB |