Eventos
O ciclo medio de comercio realizou unha intervención na tenda Lunares e Pecas de negreira coa instalación dun fotocall de temática infantil, deseñado e montado durante o módulo de dinamización do espazo de venda.
Unha boa oportunidade para adoptar hábitos saudables e variar a merenda de media mañá! Durante toda a semana teremos a posibilidade de probar diferentes froitas e lembrar a importancia deses alimentos na dieta. Hoxe: Plátano
Mañá venres 2 e o sábado 3 de xuño alumnado do Servizo de Mediación, Ángel Plata Pérez, Iker Alvite Almozara, Valeria Torreira González, Nuria Barbazán Raña e Jonathan Torreira Piñeiro, acompañados por Kety Lois Salgado, Coordinadora de Mediación, Begoña Cortés Ferro, Orientadora, Cipriano Núñez Rodríguez, Xefe de Estudos e Adelino José Pose Reino, Director, asistirán no IES Carlos Casares de Viana do Bolo ao V Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva, onde participan profesorado e alumnado de 16 centros públicos de Galicia.
O programa ofrece interesantes propostas, como Juan de Vicente (gañador do Certame D+I ao docente máis innovador de España), Carme Loureiro (a maga das emocións), Victor Martin e Sergio González (UNESCO e CCEE Reyes Católicos de Bogotá, que nos achegarán á realidade do proceso de paz en Colombia), Roi Guitián e María Lobo (expertos en observar e expresar a realidade a través das novas tecnoloxías), Aixa Permuy (a emoción ao servizo da igualdade)... e moito máis.
O pasado día 18 de Maio na Casa de Cultura do Milladoiro celebrouse a entrega de premios do Certame Literario "Concello de Ames 2017", onde un ano máis o talento do noso alumnado, neste caso feminino, brillou máis que nunca ao acadar dous premios na categoría de "Narrativa". Iria Freira Agra e Lucía Fontes Bustos, ambas alumnas de 4º ESO, recibiron o 1º e 3º premio respectivamente.
Parabéns a estas alumnas que en plena época de exames saben facer un oco á literatura, ou cal aínda ten máis mérito.
Aquí vos deixamos "Unha gaiola para a luz "(1º premio) e "A vida de Marta" (3º premio) para que gocedes da súa lectura.
Un equipo formado por alumnado do ano 2217 realiza unha investigación sobre a historia da última, e talvez a derradeira, Gran Reforma Educativa.
Xa está lista a foto oficial da Orla da promoción de bacharelato do curso 2016-2017.
Ao alumnado que se vai queremos desexarlle todo o mellor e lembrarlles que este centro e a súa comunidade educativa estaremos sempre aquí para o que precisen.
Boa sorte
Hoxe tivemos a visita do alumnado de 6º de primaria acompañado polos seus profesores. Este alumnado incorporarase en setembro ao centro. Foron recibidos polo director D. Adelino Pose, a vicedirectora Dna. Clara Rodríguez, o xefe de estudos D.Cipriano Núñez, a orientadora Dna. Begoña Cortés e a profesora de Lingua Galega, Dna. María Blanco. O alumnado de 2º ESO B explicoulles como funciona o servizo de mediación e o programa titoría entre iguais. A continuación visitaron as instalacións do IES. BENVIDOS!!.
Adicado a Portugal
CONTIDOS
Portugal
1. Os nomes propios da historia portuguesa (5 Mb)
2. A batalla de Aljubarrota (340 Kb)
3. Excursión a Braga e Guimaraes (540 Kb)
4. Economía. Relacións comerciais entre Galicia e os paises lusófonos (300 Kb)
Relatos de misterio
Letras Galegas
A música das letras (concerto homenaxe a Narf) (340 Kb)
Tecnoloxía
A impresión 3D no IES Xulián Magariños (800 Kb)
Viaxes didácticas
Despedida promoción 2º bacharelato
-------------------------------------------------------------
Acaba de saír do forno o exemplar nº 4 da nosa revista, correspondente ao curso 2016-2017. Un número adicado a Portugal e a súa cultura. Esperamos que vos guste e estaremos encantados de recibir os vosos comentarios.
Un saúdo.
NOTA: Acabamos de subir unha versión actualizada que inclúe novos contidos elaborados por alumnado de 2º de Bach (ata agora estaban centrados na ABAU).
Tamén podedes consultar en liña, sen necesidade de descargalas, as revistas do curso pasado e actual, simplemente clicando a portada correspondente na estantería.
Din que a poesía é para as minorías, mais esta é unha idea que non compartimos no IES Xulián Magariños. A poesía é a voz das emocións, polo tanto, este xénero literario é para todas e todos nós.
E isto é algo que saben ben no Agrupamento Específico de 2º ESO, sobre todo tras o proxecto audiovisual que realizaron na materia de Lingua e literatura galega, baixo a coordinación de María Blanco Crespo. Ao longo deste trimestre, escolleron un texto poético galego e crearon, a partir del, unha pequena peza audiovisual para a que gravaron a súa voz durante o recitado, escolleron imaxes de acordo co seu contido, e acompañaron cunha música tamén escollida persoalmente.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades ver o seu traballo e queremos aproveitar para animarvos a que leades poesía. E se é galega, aínda mellor!
Gústavos debuxar letras? No noso instituto temos verdadeiros expertos/as
Aquí tedes a nova creación destes rapeces e rapazas. Unha homenaxe á música rock.
¡37 presentados, 37 aprobados, 100% de alumnado do centro presentado (curso 2016-2017) aprobado na Selectividade, nas ABAU 2017!
Parabéns para tod@s.
A comarca barcalesa conta cunha nova fornada de futuros universitarios ou técnicos superiores. ¡Noraboa para para toda a comunidade educativa do Instituto de Negreira e para a nosa veciñanza!.
A nosa alumna, Lara López acaba de chegar a Valladolid como unha das representantes da delegación galega na XXVIII Olimpiada matemática Nacional. (tedes toda a información no enlace)
Desexámoslle moita sorte !
Hoxe o alumnado de 1º de ESO e 3º de ESO participou nunha divertida xincana polas rúas de Negreira. Unha actividade lúdica e colaborativa que consistiu en resolver varias procuras e probas divididos en grupos nos que estaban alumnos titores e os seus titorandos, acompañados dun docente.
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
• Dª. Alba García Mato
• Dª. Soraya Lorenzo Touceda
• Dª. Alicia Fernández Casas
• Dª. Nerea Leis Piñeiro
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por
• Dª. Alba Espasandín Vázquez, 4º ESO B
• Dª María Mosquera Mouro, 4º ESO A
Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes.
A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa.
AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese.
O luns 26 de xuño comezaba o prazo de inscrición a ciclos formativos de FP de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e réxime para persoas adultas.
Lembramos que a normativa aplicable é a Orde do 15 de xuño de 2016 de admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros sostidos con fondos públicos. De todos xeitos en virtude da aplicación do Real decreto-lei 5/2016 desenvolvido polo Real decreto 562/2017, que modifica a disposición derradeira quinta da LOMCE, as avaliacións finais de etapa da ESO e do Bacharelato non terán valor académico; ademais todos os títulos de graduado na ESO poderán acceder indistintamente ás ensinanzas de educación secundaria postobrigatoria (grao medio e bacharelato).
El Correo Gallego informa na edición de hoxe da resolución e entrega do Premio de Investigación Científica "Victoria Otero Espinar" promovido polo noso centro educativo e que pretende descubrir e potenciar as vocacións científicas e investigadoras entre o noso alumnado.