Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
8
all day
O alumnado que remate Bacharelato neste curso 2016-2017 cunha media superior a 8,75 pode presentarse a estes premios dotados cun importe de 1000 € e a exención de pagar a matrícula do primeiro curso nunha universidade pública. A participación consistirá nunha proba estruturada en dúas partes. O prazo de presentación comeza o 5 de maio e remata un mes despois. Tedes toda a información na Orde de convocatoria. all day
O alumnado e profesorado que foron de viaxe a París xa están de volta e polo que nos contan chegan encantados. Podedes ver as fotos que nos mandan no Facebook do insti. Nesta visita didáctica o alumnado está acompañado polos profesores Lucía Pérez Romero, Juan Alves e Joseba Lebrancon. Proximamente poderedes ler unha crónica da viaxe na revista do instituto.
| 9
all day
| 10
all day
O pintor e ilustrador de Logrosa, D. Xosé Cobas fixo doazón dun lote de publicacións para CEIBAR (Centro de Estudos e Investigacións Barcalesas) do IES Xulián Magariños, xesto polo que a comunidade educativa do noso centro quere expresarlle o seu agradecemento. | 11
all day
A alumna de 2º ESO Lara López pasou á Fase Final da Olimpiada Matemática, que se celebrará en Lugo o vindeiro xoves día 18. all day
A este prestixioso certame presentáronse 129 obras. Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) a gañadora foi Iria Freire, do IES Xulián Magariños de Negreira, coa obra Unha gaiola para a luz. A segunda clasificada foi Ana Barros, de Marín, coa peza Bala Perdida, e na terceira posición quedou Lucía Fuentes, tamén de Negreira, co traballo A vida de Marta. Parabéns a todos/as os/as premiados/as e moi especialmente a Iria e Lucía. | 12
| 13
| 14
|