Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
20
| 21
| 22
all day
Dentro do programa de titoría entre iguais organízanse actividades conxuntas entre alumnado de 1º e 3º de ESO para facilitar o intercambio de ideas e o coñecemento mutuo. Estes días tocan unhas divertidas yincanas. all day
Fotos da reunión de hoxe na Xefatura Territorial da Coruña entre o Xefe Territorial, Indalecio Cabana Leira e o Director do IES Xulián Magariños, Adelino José Pose Reino. Nesta reunión o Xefe Territorial comprometeuse a realizar as obras para a construción dun aparcadoiro frontea Rúa Teresa Fabeiro, tamén enviará a un técnico da xefatura para revisar o estado da calefacción do edificio principal, en vistas de cambiala, xa que ten unha antigüedade de 30 anos. all day
Interesantísima exposición de maquetas de plastilina sobre a célúla eucariota feita polo alumnado de 1º de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía coordinado pola profesora Luisa Nieto. Lugar: Final do corredor edificio novo. | 23
all day
O 23 de febreiro de 9:30 a 11 o departamento de Economía organiza unha charla titulada "Eduemprende", na que un membro do IGAPE e un ex alumno do centro que creou a súa propia empresa falarán para o alumnado de 1º de Comercio, 2º de ASIR e 2ª BAC B (Economía) all day
No hall do 1º andar pódese ver a cúpula xeodésica que construiu o alumnado de 2º ESO Agr, con axuda do alumnado de 1º de Bach. da materia de "Modelado e impresión 3D" que aportaron os conectores pentagonais. Unha serie de paneis informativos axudan a entender as vantaxes, usos e forma de construcción destas interesantes estruturas.
| 24
all day
O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 180 anos dende o nacemento da gran escritora galega. Con motivo desa especial data, o alumnado de 3º de ESO, dentro das actividades organizadas polo equipo de dinamización lingüística, comenta para todos nós algúns dos seus poemas. "Adiós ríos, adiós fontes" Sara e Gabriela "Nasín cando as prantas nasen" Álex e Jorge "Negra sombra" María "Pra a Habana" Inés "Quen ten mozo?" Ivan, Daniel , Alejandro Poemas da emigración de Rosalía de Castro. Iria "De soidás morríase" Lucía "Por que?" Manuel "Hora tras hora, día tras día" Pilar "Campanas de Bastabales" Cristina "Negra sombra" Noelia "Miña casiña, meu lar" Pablo
VIDEOPOEMA: Adiós ríos, adiós fontes . Adriana
A RAG (Real Academia Galega) comparte na rede a colección de retratos que posúe de Rosalía.(acceder aquí) Deixámosvos tamén unha ligazón á web do cantautor Amancio Prada onde podedes atopar unha magnífica versión da súa clásica adaptación musical do poema "Adiós ríos, adiós fontes". Disfrutádea. all day
O venres 24 de febreiro a 5ª e 6ª horas tivo lugar o tradicional festival de entroido con concurso de disfraces incluído. Participou o alumnado de ESO, FP Básica y Ciclo Medio de Comercio. BASES DO CONCURSO DE DISFRACES
| 25
| 26
Data26/02/2017
|