Eventos
A nosa alumna de 4º ESO, Iria Freire Agra, ven de gañar por segundo ano consecutivo o certame literario do Concello de Negreira sobre o tema do "Maltrato contra as mulleres", baixo o pseudónimo "Peonía".
Un relato que narra unha desas historias que acontecen en calquera dos nosos fogares, onde unha vez máis unha muller loita por saír a flote dunha relación de maltrato e destrutiva. A protagonista cóntanos a súa historia como membro dunha organización que axuda a outras mulleres, reinvindicando o lugar da dignidade e a visibilidade.
Os nosos parabéns para Iria e aos seus esforzos en plena época de exames!.
Aquí tedes a ligazón ao video sobre o viaxe a Roma que se fixo o curso pasado.
O diario Faro de Vigo publica unha entrevista co director do IES Xulián Magariños de Negreira na que opina sobre os factores de mellora que incidiron nos bos resultados de Galicia na última avaliación PISA
Perante sucesos como o acontecido en Oroso estes pasados días, o director do noso centro, D. Adelino Pose incide en que o sistema educativo conta coas ferramentas adecuadas para evitar incidentes como ese e que é preciso seguir traballando para inculcar a cultura do diálogo e o consenso entre os adolescentes.
clicar na imaxe para agrandar
Onte, como representante dos directores de centros educativos da provincia da Coruña, o director do noso centro, D. Adelino José Pose Reino asistiu a unha reunión da Xunta autonómica de directores onde presentou 14 alegacións sobre diversos temas tratados anteriormente na Xunta Provincial da Coruña:
Subministro de gasoil, mellora das condiciones dos equipos directivos, creación da figura de adxunto a xefatura de estudos, roubos nos centros, queixas do funcionamento de AMTEGA, problemas cos programas E-DIXGAL e ABALAR, apertura e peche dos centros en períodos non lectivos, contratos de cafeterías nos centros, obras nos centros, gastos de telefonía, axudas para libros de textos e formación do profesorado.
Ademais indicou a necesidade dun pacto educativo e que se debata sobre o modelo de dirección existente no noso país en comparación co existente noutros países europeos para tentar melloralo.
Ver referencia da xuntanza na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Clica nas imaxes para ver o cartaz e a foto do concerto
A Consellería de Educación seleccionou, entre outras, a proposta presentada polo IES Xulián Magariños para o presente curso.
Este ano o proxecto elaborado abarca catro liñas de actuación:
- PROA (Acompañamento escolar fora do horario lectivo), o alumnado con dificultades tera clases por un profesor/a alleo/a o Centro e coordinado con noso profesorado
- Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade nos Centros
- Prevención do Abandono Temperán e do Absentismo Escolar
- Mellora da Calidade na Xestión dos Centros
Parabéns a toda a Comunidade Educativa !
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS CONTRATOS PROGRAMA
Ver información sobre os Contratos Programa no portal educativo da CCEOU
O director do IES Xulián Magariños, Adelino Pose Reino, e mailo profesor de Historia, X. Amancio Liñares Giraut, explicaron en Radio Negreira (107.0 FM), o interesante que resulta para o centro este proxecto, cuxos autores serán os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.