Outro premio literario!
A nosa alumna de 4º ESO, Iria Freire Agra, ven de gañar por segundo ano consecutivo o certame literario do Concello de Negreira sobre o tema do "Maltrato contra as mulleres", baixo o pseudónimo "Peonía".
Un relato que narra unha desas historias que acontecen en calquera dos nosos fogares, onde unha vez máis unha muller loita por saír a flote dunha relación de maltrato e destrutiva. A protagonista cóntanos a súa historia como membro dunha organización que axuda a outras mulleres, reinvindicando o lugar da dignidade e a visibilidade.
Os nosos parabéns para Iria e aos seus esforzos en plena época de exames!.