Skip to Content

Procedemento para as reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato

    Publicación da Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2019/2020.

 Prazos:

Convocatoria ordinaria:10 e 11 de xuño de 2020 (ata as 14.00 horas).

Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2020 (ata as 14.00 horas).

Probas de acceso ós Ciclos Medios e Ciclos Superiores de Formación Profesional.

   

   Están convocadas as probas de acceso ós  Ciclos Medios e Ciclos Superiores de Formación Profesional.

   Para o alumnado da comarca terán lugar  no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

   Consulta o calendario das probas e as instruccións para realizar as probas de grao medio e as de grao superior.

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020-2021. Entrega de documentación.

   

    Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2020-21, informamos que aquelas persoas que solicitaron praza para o 1º e 2º cursos de ESO e 1º  de Bacharelato deberán entregar na Secretaría, ou enviala escaneada ó correo electrónico do centro, a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron máis solicitudes que prazas se ofertan. 

   -Todos deberán aportar un certificado do padrón municipal actual, con todos os membros da unidade familiar, e de ser o caso, outra documentación alegada (certificado traballo,etc).

     Os días para entregar a documentación requerida abranguen dende o día 19 de maio ao 26 de maio incluído.

     Nos restante cursos non será necesario entregar ningunha outra documentación, xa que quedaron prazas vacantes.

Publicación para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

    

     Abrese o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

    1-  As familias dispoñen de prazo ata o 19 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

    2- Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de ESO.

O alumnado matriculado en 1º e 2º de ESO, cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. No obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir
material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

    3- A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.

    4- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: ttps://sede.xunta.gal.

                    máis información no DOGA

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado

        Restablécese o procedemento de admisión de alumnado cos seguintes prazos:
  • Presentación das solicitudes de admisión de alumnado iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
  •  Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
       Recoméndase a presentación de solicitudes de admisión por vía telemática no seguinte enderezo  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  (precísase a Chave 365 ou certificado dixital). 
No caso da presentación presencial no centro, deberá traer cuberta esta solicitude e pedir cita por teléfono (981 31 15 00). Non se atenderá sen cita previa. 
 
     O horario de atención ao público é:
          09:00 h a 14:00 h            (Excepcionalmente, atenderase pola tarde baixo causa xustificada e con cita previa)

Xornadas de portas abertas virtuais da Universidade da Coruña (UDC)

Xornadas nas que os visitantes (estudantes e familiares) coñecerán por dentro a  Universidade e poderán interactuar cos responsables das titulacións, os días xoves 23 e venres 24 de abrilPode ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que se ofrecen para o vindeiro curso 2020-2021.

 https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

Orientación Sofía Casanova

Tarefas e actividades para o período de cuarentena

    Nas ligazóns correspondentes poden atoparse as tarefas e actividades a desenrolar, durante as correspondentes semanas, organizadas por curso, grupo e materia.

    1º ESO    

    2º ESO    

     3º ESO    

    4º ESO   

1º Bach.

2º Bach.

Actualización da relación do profesorado e direccións de contacto

No panel "O Centro", situado na parte superior esquerda desta páxina, pode atoparse unha relación actualizada do profesorado e das correspondentes direccións de contacto.

A ruta é:  Departamentos/"Departamento X"/Compoñentes.

Distribuir contido


by Dr. Radut