Skip to Content

Reunión informativa das actividades da biblioteca.

 

    Este mércores 7 de outubro celébrase unha reunión para informar das actividades que se desenvolverán na biblioteca durante este curso.

    Se queredes participar no club de lectura xuvenil, no voluntariado, no club de manga, no obradoiro de micro escritura ou no club de letras, pasádevos pola biblioteca para obter máis información.

 

Calendario escolar curso 2020/2021

    O calendario escolar para o curso 2020/21 pode consultarse nesta ligazón

Adiamento do inicio do curso

     O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, en concreto aos días 23, 24 e 25 de setembro.

Inicio do curso 2020/21

   

 

    Queremos comunicarlle ás familias que o centro está traballando arreo para adaptarse ás novas circunstancias.   Toda a información que xurda  irase comunicando na páxina web e por medio de aplicación AbalarMóbil.
    Mentras o curso non se inicia, queremos pedir a toda a comunidade educativa paciencia e tranquilidade, seguro que entre todos/as faremos que todo saia ben.

              O Equipo Directivo

Matrícula de setembro para o curso 2020/2021

S E T E M B R O    
luns martes mércores xoves  venres
sábado domingo    
  1 2  3 6  

  ▪ Os sobres de matrícula recóllense en conserxería.

7
De 9:00 a 13:00 
Matrícula

1º e 2º Bach.

e
ABAU

8
De 9:00 a 13:00 
Matrícula
1º,2º,3º e 4º ESO

 
9 10 11 12 13  

  ▪ O alumnado de 1º e 2º ESO non paga seguro.  O dos restantes cursos abonará 1,12 € na secretaría do centro. Prégase traer o importe exacto.

Exames setembro 2020

    

 

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES DAS ABAU DOS CENTROS DE ENSINO MEDIO DE GALICIA. CURSO 2019-2020.

 

 

 

     Presidido polo reitor da USC, o xoves, día 23 de xullo, ás 17:00 horas, no Salón Nobre de Fonseca da USC, tivo lugar o “Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia”, acto que ano tras ano recoñece os mellores expedientes de Galicia.

    Neste grupo de excelencia figuran 16 alumnos do IES Sofía Casanova:

1. Alejandro Novo Cal       2. Andrea Jimena García Fernández      3. Beatriz Piñeiro Lozano      4. Brais García Iglesias      5. Carlos Calvo Moa      6. Dana López Romero      7. Estela Pena Hermida      8. Henar Mariño Bodelón      9. Icía Bermúdez Fornos      10. Marta Guillén Ramos      11. Mercedes González Crego       12. Miguel Rodríguez Campos       13. Rita Cid Rivas       14. Sabela López Quintanilla       15. Silvia García Bermúdez       16. Verónica Rodríguez Martínez

    As circunstancias sanitarias non permitiron que fora un acto multitudinario presencial, polo que só puideron estar presentes un grupo de 20 estudantes de toda Galicia acompañados dos seus pais. En representación dos estudantes do IES Sofía Casanova, asistiu Verónica Rodríguez Martínez. Con todo, no acto foron nomeados todos os alumnos, ao tempo que se proxectaba a súa imaxe. 

    Podese ver un video do acto.

    Parabéns a estes alumnos!

Distribuir contido


by Dr. Radut