Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 2021.

   

    Ven de publicarse a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22.

    PRAZO PRESENTACIÓN DO 21 DE MAIO AO 22 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) de 2021

    IMPORTANTE: Só se poderá solicitar a axuda de material xa que este centro participa na convocatoria E-dixgal o próximo curso en todos os niveis da ESO

    Ver información básica de requisitos, prazo de presentación de solicitudes e outros aspectos da normativa.

Acto graduación 2º Bacharelato. 2021.

 

 

   O venres , 21 de maio, ás 18.30 h. celebrarase no pavillón do IES Sofía Casanova a despedida da promoción que este ano cursou 2º bacharelato.

     Debido á situación sanitaria, ao acto non poderán asisitir as familias do alumnado. Aqueles que o desexen, poderán conectarse á retransmisión en directo a través desta ligazón

                  

ABAU. Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade. 2021.

      No sitio web da CIUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia, pode atoparse toda a información relativa ás probas ABAU 2021. (Datas e lugar de matrícula, lugares e datas de realización das probas, etc)

Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2021/2022

   

    Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2021/2022  

 
    Mañá mércores, 12 de maio, procederase a publicar no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva do alumnado admitido para cursar ESO e  Bacharelato no vindeiro curso 2021-2022.
 

Procedemento para as reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato

Publicación da Circular 2/2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2020/2021.

Prazos:

Convocatoria ordinaria:19 e 20 de maio de 2021 (ata as 14.00 horas).

Convocatoria extraordinaria: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14.00 horas).

Día do libro adicado a Emilia Pardo Bazán

 
    O departamento de L. Castelá, en colaboración coa Biblioteca, conmemora como cada ano, o "Día do libro" coa realización de actividades de promoción da lectura.
   Este ano está adicado á escritora Coruñesa Emilia Pardo Bazán con actividades de presentación de citas para grupos dende 1º ESO a 1º de Baharelato.
    A actividade tivo moi boa acollida. Podedes leer mais sobre a mesma en biblioteca do sofia e en bibliofotos.

1º Concurso Fotográfico de Convivencia e Igualdade, IES Sofía Casanova

   

    O Departamento de Orientación convoca o 1º Concurso Fotográfico de Convivencia e Igualdade IES Sofía Casanova convidando a todo o alumnado a participar.

    Esperando que o concurso teña boa acollida este ano e poida seguir celebrándose en próximos cursos, acheganse as bases,* bases que teredes polo centro e tamén nos corchos das aulas.

* Amplíanse os prazos ata o 31 de maio

2º Concurso de Fotografía Matemática, IES Sofía Casanova

   

     O Departamento de Matemáticas convoca o 2º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a todo o alumnado do centro a participar.

    Esperamos que o concurso volva ter a boa acollida de hai dous anos, e poida seguir celebrándose nos próximos cursos.

    Achéganse aquí as bases, *  bases que teredes tamén distribuidas polo centro e nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual.

    * Amplíanse os prazos ata o 31 de maio

Distribuir contido


by Dr. Radut