Skip to Content

Actualización medidas COVID

      No ficheiro adxunto pode verse a actualización, a xaneiro do 22, das medidas COVID

Admisión de alumnado para o curso 2022-23. Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

       
   O 11 de xaneiro de 2022 iníciaronse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

   O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

   A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Visita do alumnado de 2º de ESO do IES Sofía Casanova ao CIS

   

   56 alumnos de 2ºESO, acompañados polas profesoras de tecnoloxía, participaron no obradoiro ”Taller D’ tec - Mundos virtuais” desenrolado no CIS (Centro de Innovación e Servizos, Deseño e Tecnoloxía de Ferrol)

    Tras unha breve presentación na que descubriron as bases técnicas e científicas que rexen os sistemas de realidade virtual, o alumnado poido probar distintos dispositivos.
    Uilizaron o entorno CoSpaces, creando e programando o seu primeiro mundo totalmente inmersivo que posteriormente puderon probar con gafas de Realidade Virtual (VR).

Tecnólog@ por un día

   

    Alumnado do centro disfrutou da 5ª Edición do programa “Tecnológ@ por un día”.
    Estudantes dende 3º de ESO ata 2º de bacharelato puideron compartir, na modalidade online ou presencial, unha xornada de traballo con profesionales das empresas do sector TIC que colaboran (Altia, Everis, Satec, Corporación Televés. DXC Technology…).

    Esta iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia DigiTalent

Felicitación de Nadal 2021

  A comunidade educativa do IES Sofia Casanova deséxavos Feliz Nadal

Eleccións ao Consello Escolar (III). SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

 

    Corresponde elixir a 1 pai/nai, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018.
    Son electores todos os pais e nais incluídos no censo exposto no taboleiro de anuncios.
    Son elixibles pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro.
   As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do citado día 11 de novembro.
    O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 15 de novembro, ás 12:10 horas.
   A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 20 de novembro, ambos días inclusive.
    As votacións realizaranse neste IES o día 22 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas.
    Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos presentados. 

                                                            Ver información completa. 

Ruta polo Complexo Xeolóxico de Cabo Ortegal

   

   O martes 19-10-2021, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía leva ao alumnado de 1º de bacharelato A e B á Ruta polo Complexo Xeolóxico de cabo Ortegal guiada polo Xeólogo especialista na zona Fran Canosa.

    Tanto o alumnado como os profesores disfrutamos dun espléndido día coñecendo os tesouros xeolóxicos de Cedeira e Cariño amosados polo experto.

    Fotografías.

Eleccións ó Consello Escolar 2021 (II)

 

 

     O 27 de outubro, ás 12:10 na biblioteca do centro realizouse o sorteo público para elixir a Xunta Electoral que está a supervisar o proceso.
    Dada a importancia que ten o Consello Escolar para o goberno do centro pedimos a colaboración das nais, pais ou titores legais do noso alumnado para presentar a súa candidatura como representante deste estamento, ao que lle corresponden 3 postos pola matrícula do IES Sofía Casanova.
    Na actualidade as familias teñen os seus representantes, dos que hai que renovar un (1) deles por fin de mandato. Respecto ao alumnado, hai que renovar os 4 representantes.
    O Equipo Directivo quere animar á participación tanto na presentación de candidaturas como no proceso de elección para que toda a comunidade educativa poida participar na boa gobernanza do centro. Envíase a convocatoria correspondente a este sector.

    Achegamos un resume das competencias e composición do Consello:

Distribuir contido


by Dr. Radut