Skip to Content

Man robótica capaz de xogar ao “pedra, papel, tesoira”

   

    Lucía Toval Bacelo e Sofía Belén Pérez Quintanilla, alumnas de 2º do STEMBach, tras ter rematado e presentado os seus Proxectos de Investigación, crearon de xeito voluntario un novo proxecto baixo a dirección da profesora Elisa Moreira.

    Neste caso, deseñaron, construíron e programaron unha man robótica capaz de xogar ao mítico “pedra, papel, tesoira”. Para levala a cabo, empregaron material de uso cotiá, servomotores, unha tarxeta Arduino UNO e unha matriz LED.
    Agradecémoslle a súa implicación e dedicación e dámoslles os nosos parabéns polo resultado obtido que podedes ver no vídeo.

Oferta educativa para 1º Bacharelato. Curso 2021-22

   Consulte a oferta educativa de 1º de bacharelato no IES Sofía Casanova para o vindeiro curso 2021-22

Makers inclusivos

   

     Alumnado do Sofía Casanova está presente este ano na Maker Faire de Galicia pola súa participación no proxecto de Talentos Inclusivos.

    Talentos Inclusivos, desenvolvido conxuntamente polo CITIC da Universidade da Coruña, ASPACE Coruña e centros de ensino secundario, pretende espertar vocacións STEM entre a xuventude e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral. No noso caso, Gloria Murcia Hermida, Iago Grandal del Río, David Gutiérrez Fernández e David Parga Torrente, estudantes de 1º de bacharelato do STEMBach ou de TIC I, aceptaron o reto de adaptar videoxogos clásicos como o Pong ou o Pacman para o seu uso por persoas con parálise cerebral, creando tanto a programación como os pulsadores necesarios.

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2021

       O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021 (código de procedemento ED311D). Pode acceder á información desta convocatoria na Sede Electrónica da Xunta de Galicia , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D. As persoas solicitantes menores de idade teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante

      

Exames extraordinarios 2º de Bach. Xuño 2021.

 

     Os días 17, 18 e 21 de xuño celebraranse os exames extraordinarios, convocatoria de xuño, para os alumnos de 2º de bacharelato.

    No ficheiro adxunto pode verse o horario correspendente a esas probas: Materias de 2º de Bach. e posibles materias pendentes de 1º Bach.(días 14 e 15).

    Os beletíns de notas coas cualificacións das probas entregaranse o mércores día 23 ás 12 :10. 

Acto de Graduación 2021

   

    Video do Acto de Graduación feito tamén adaptándonos as medidas COVID.
    A posta en escea foi realizada no pavillón do centro, coas medidas de distancia e ventilación, pero sen os requisitos tecnolóxicos axeitados para realizar unha retrasmisión e grabación cunha boa calidade.
    A pesar das circunstancias, alumnado e profesorado quedamos moi satisfeitos do resultado.

    Ver fotografías

Coreografía de baile realizada polo alumnado de 1º ESO no programa de Recreos Activos

 

    A pesar da pandemia, queremos demostrar que seguimos podendo facer diferentes actividades complementarias.

    Podemos ver a parte do alumnado de 1º ESO practicando un dos contidos obrigatorios do curriculum para este ano 20-21

 

Acción Artística Contemporánea

   

    Desde hoxe 25 de maio ás 19:00 pódese visitar na Sala Julia Minguillón do Centro Cultural Torrente Ballester os traballos realizados polo alumnado de 3ºESO dentro dos obradoiros de artes visuais impartidos por Ladislau da Regueira durante o último mes.
   Esta actividade naceu como unha iniciativa dos departamentos de educación plástica e visual e de xeografía e historia no marco do Club de Letras para utilizar os recursos do Espazo Maker, pero foi crecendo coas achegas de toda a comunidade educativa do IES Sofía Casanova e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

Distribuir contido


by Dr. Radut