Desde hoxe 25 de maio ás 19:00 pódese visitar na Sala Julia Minguillón do Centro Cultural Torrente Ballester os traballos realizados polo alumnado de 3ºESO dentro dos obradoiros de artes visuais impartidos por Ladislau da Regueira durante o último mes. Durante os próximos días realizaranse polas mañás visitas guiadas á maior cantidade posible de grupos do noso instituto, adaptándonos ás necesidades impostas pola situación que estamos vivindo. Animámosvos a visitar esta exposición que estará aberta ata o domingo 6 de maio e desfrutar do traballo realizado polos nosos estudantes. |