Skip to Content

Makers inclusivos

   

     Alumnado do Sofía Casanova está presente este ano na Maker Faire de Galicia pola súa participación no proxecto de Talentos Inclusivos.

    Talentos Inclusivos, desenvolvido conxuntamente polo CITIC da Universidade da Coruña, ASPACE Coruña e centros de ensino secundario, pretende espertar vocacións STEM entre a xuventude e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral. No noso caso, Gloria Murcia Hermida, Iago Grandal del Río, David Gutiérrez Fernández e David Parga Torrente, estudantes de 1º de bacharelato do STEMBach ou de TIC I, aceptaron o reto de adaptar videoxogos clásicos como o Pong ou o Pacman para o seu uso por persoas con parálise cerebral, creando tanto a programación como os pulsadores necesarios.



page | by Dr. Radut