Skip to Content

Flashmob Jerusalema

   

    No vídeo adxunto pódese desfrutar do Proxecto de Danza elaborado en decembro de 2020 co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES, para intentar seguir con proxectos de actividades complementarias a pesar da Pandemia.

  Parabens e grazas a todos por participar.

 

Concesión dos Premios Extraordinarios de Bacharelato

 

    Ven de publicarse no  DOGA do martes 10 de novembro a concesión dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ó curso 2019/2020.

   Unha das gañadoras deses premios é Verónica Rodríguez Martínez alumna deste centro.

    Parabéns Verónica!!!

Distribución de máscaras

        Achégase a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

Alumnas de STEMBach visitan o Centro de Investigación e Tecnoloxía. Universidade de A Coruña

   

     Visita al CITIC (Centro de Investigación en TIC), no Campus de Elviña en A Coruña.

    Dúas alumnas de STEMBach acompañadas dunha profesora visitan o centro Tecnolóxico onde levan a cabo proxectos innovadores con aplicación directa no mundo real.

   A visita foi coordinada pola tutora da Universidade Thais Pousada García, que dirixe o proxecto STEMBach no noso centro: Innovación con impresoras 3D para crear produtos de apoio para persoas con diversidade funcional.

Esterilla para Educación Física

   

    O departamento de Educación Física estima oportuno que os alumnos veñan a educación física coa súa propia esterilla por razóns de hixiene e seguridade.
    Características da esterilla: tería que ser de máis de 7 mm de groso e que se poida enrolar.
    Existen posibilidades para mercala na comarca cun prezo aproximado de 7 euros.

Información e matrícula STEMbach curso 2020/21 (Bienio 2020-22)

   

  Información de interés a pais e alumnado de 1ª de bacharelato.

Esta semana estará aberto o prazo para inscribirse no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía STEMBach.

Máis información... ver arquivo.

 O alumnado interesado entregarán a folla de inscrición firmada en xefatura.

Intervención de Luís Puig na Real Academia Galega de Ciencias

   

    O profesor de matémáticas deste centro Luís Puig Mosquera participou no acto académico da Real Academia de Ciencias de Galicia, celebrado en Compostela, co motivo do Día da Ciencia en Galicia.

    Neste acto rendeuse homenaxe como Científico Galego 2020 ao enxeñeiro Andrés Comerma.

   O catedrático de matemáticas Luís Puig, na súa conferencia "Andrés Comerma, un personaxe polifacético", glosou a figura do enxeneiro Andrés Comerma, autor do deseño e proxecto do dique da campá, no arsenal de Ferrol, un dos máis grandes do mundo na súa época.

  O acto estivo presidido polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias,  Juan M. Lema Rodicio, e polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Días non lectivos curso 20/21

  Os días do presente curso:

      2 de novembro de 2020, e

      18 de maio de 2021,

serán non lectivos para o IES Sofía Casanova .

Distribuir contido


by Dr. Radut