Skip to Content

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Prazas vacantes

       

 1º eso .......... 30 vacantes
 2º eso ............ 4      "
 3º eso ............ 7      "
 4º eso .......... 12      "
 1º Bach .... Ciencias ............... 17 vacantes
 1º Bach .... Humanidades ...... 10       "
 2º Bach..... Ciencias ................. 4       "
 2º Bach..... Humanidades ........ 4       "

O prazo de presentación de solicitudes será do día 1 ao 22 de marzo. No arquivo adxunto podes ver algunha información sobre os prazos, etc.

Solicitude de admisión.

 

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Prazas para centros adscritos.

       

   Informamos que todo o alumnado dos colexios adscritos (Esteiro, Ponzos, Recimil e Mercedarias) que formalizou a reserva de praza para o vindeiro curso 2021-2022 está admitido no IES Sofía Casanova.

 

Feira Virtual das Universidades Españolas

   

     Do 22 ao 24 de febreiro celebrase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22: youtube

    Funcionará como unha Feira Universitaria presencial: uniferia pola que poderá pasear o seu alumnado visitando os stands das Universidades españolas presentes na Feira.

   Máis información.

Aberto o prazo de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

 

    Desde o 18 de febreiro ata o 3 de marzo de 2021 está aberto o prazo de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

    Información do Departamento de Orientación do IES Sofía Casanova.

O alumnado de STEMBach celebrou “O día da muller e da nena na ciencia 2020/21"

   

    O venres 19 de febreiro, alumnado de STEMBach do IES Sofía Casanova celebrou “O día da muller e da nena na ciencia 2020/21”

    Impartiron pequenas Charlas Científicas ao alumnado de 1º e 2º de ESO e faláronlles sobre os proxectos científico-tecnolóxicos que están a realizar. 

    Ao tempo, ian caracterizados de mulleres científicas que destacaron en diferentes campos da ciencia: Angelita Ruiz Robles, Hady Lamarr, Marie Sklodowska Curie, Ada Lovelace, Margarita Salas, Valentina Tereshkova, Rosalind Franklin, Cecilia Payne, Luse Maithner e Wang Zhengy.

Reparto de froita entre o alumnado.

   

    Máña martes,día 19, comezamos co reparto de froita no patio traseiro do instituto, nos dous recreos.

    O reparto  será feito por alumnado voluntario, e será supervisado por profesores. 

    Proporcionaráse unha peza de froita por alumno ós alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO:

             -  No primeiro recreo 3º e 4º ESO

             -  No segundo recreo 1º e 2º ESO

Inicio do procedemento de admisión de alumnado

       

    Os prazos máis salientables dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son:

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

     Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1-Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
2-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
3-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

 

Felicitación nadal 2020

        A comunidade educativa do IES Sofia Casanova deséxavos Feliz Nadal.
Distribuir contido


by Dr. Radut