Skip to Content

Exxperimenta en feminino. A muller na ciencia e na tecnoloxía.

 

    Na entrada e no primeiro piso está a exposición Exxperimenta en feminino que ten como obxectivo a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas e promover a realización de actividades que dean visibilidade á muller científica e impulsen o interese das nenas pola ciencia e a tecnoloxía.
    O profesorado feminino das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO foi o impulsor de eXXperimenta en feminino.
   Pódese visitar ata o venres 23 de abril.  

Proceso de admisión. Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2021-2022

   

    Mañá martes 13 de abril, no taboleiro de anuncios, procedará a publicarse para a súa consulta as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste centro para cursar ESO e  Bacharelato no vindeiro curso 2021-2022.

  De ser o caso, poderá formularse reclamación contra esa resolución no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

Presentación dos proxectos STEMbach na prensa local

 

 

     Pode un alumno de 2º de bacharelato diseñar  pulsadores para enfermos de ELA?
    Pode aplicar a intelixencia artificial para o diagnóstico automático de pacientes coa enfermidade de Parkinson?
    E clonar un xen humano nun vector bacteriano para producir unha proteina de valor terpeutico?
    Pode investigar o uso de biomateriais para dispositivos médicos como os stents e evitar infartos?

    Sofía Belén Pérez, Isai Ogando, Irene Fernández, Laura Caaveiro, Iria González, Sara Penabad, Lucía Toval e Brais Romalde, alumnos do IES Sofía Casanova demostaron que sí.

O pasado 25 de marzo presentaron os proxectos STEMBach do bienio 2019-2021.

   Pódese consultar a información que La Vozde Galicia e o Diario de Ferrol ofrecen sobre a presentación que os alumnos fixeron dos seus proxectos.

     

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Presentación de documentación.

       

     Do 25 de marzo ao 09 de abril deberá presentarse a documentación acreditativa dos criterios alegados.

     Só é necesario presentalos, por existir máis solicitudes que prazas, nos cursos de 3º ESO e 1º Bacharelato

      Non é necesario presentar documentación, por estar todas as solictudes admitidas, en 1º, 2º, 4º ESO e 2º Bach

Presentación en acto público dos proxectos STEMBach do bienio 2019-2021

   

    A presentación en acto público dos proxectos STEMBach do bienio 2019-2021 terá lugar no salon de actos do IES Sofía Casanova, o xoves 25 de marzo en horario de 17:15 -20:15.

    Este curso preséntanse 4 proxectos titorizados por profesorado da UDC, do Campus de Ferrol e de A Coruña. 
   No arquivo adxunto tedes a orde das presentacións.

Visita virtual ao IES Sofía Casanova

      Descripción: Este video é unha mostra dos espazos, contidos e plans que facemos no centro para o curso 2020-21. O video está enfocado ao alumnado que quere ver como funciona o centro para incroporarse no curso 21-22.

Xornada de portas abertas on line

   

    Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, a xornada de portas abertas que todos os anos se realizaba para as familias que estaban interesadas en solicitar praza no centro, vai ser on line o día 02-03-2021, martes,

    ás 17.30 h para a ESO e,

    ás 18.30 h para o bacharelato.

As persoas interesadas en asistir deben cubrir un formulario.

Visita virtual ao MHN (Museo de Historia Natural) de Ferrol

   

    Alumnado de 1º de ESO realiza unha visita virtual con conexión en directo ao Museo de Historia Natural de Ferrol guiada polo Biólogo Pablo Torrella.

    A actividade realízase na aula de cada grupo durante a clase de Bioloxía e Xeoloxía".

                Máis información sobre as visitas ao MHN de Ferrol.

    A revista "enfoques.gal" publica unha noticia onde o figura o Sofía como centro pioneiro: "Visitar un museo por videollamada: una iniciativa pionera en España impulsada por la Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol.
    Esta semana han comenzado las primeras visitas virtuales en tiempo real con el alumnado del IES Sofía Casanova que permiten descubrir online el museo."

Distribuir contido


by Dr. Radut