Skip to Content

O Club de Voluntariado do Sofía elebora un vídeo para darnos esperanza.

  No medio desta terrible pandemia o Club do Voluntariado do IES Sofía Casanova elabora e publica un vídeo cunha mensaxe de esperanza.

A convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será os días 7, 8 e 9 de xullo

 

 

     A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo.

    O Ministerio de Educación propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade.

 Máis información

Cambios no calendario e nas Probas de Acceso á Universidade

 

    O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o de Universidades acordaron cambios no calendario e nas Probas de Acceso á Universidade (EBAU)

    Ver ou descargar documento informtivo do departamento de orientación do IES Sofía Casanova. 

Publicación das cualificacións da 2ª avaliación

   

 Segundo as instrucción remitidas a este centro o 27 de marzo:

     1. O 3 de abril serán publicadas as cualificacións da 2ª avaliación.

     2. A avaliación realizarase co traballo desenvolvido antes do decreto de estado de alarma.

     3. As actividades realizadas con posterioridade á data de declaración do estado de alarma no son avaliables.

Medidas durante o estado de alarma

 

 

     Seguindo as medidas do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, no seu artigo 9, este centro suspende a actividade educativa presencial.

     Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das modalidades a distancia e «on line», sempre que resulte posible.

    Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o RD ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Información ás familias en relación as medidas de atención educativa durante o tempo de suspensión das clases

 
  1. As comunicacións serán por medio da páxina web do centro e a aplicación AbalarMóvil
  2. A atención do profesorado ao alumnado realizarase a través da aula virtual do centro e o EVA de Edixgal.
Recoméndase que todas as familias manteñan actualizada a aplicación abalarMóvil.
 

O servizo de secretaría do centro atenderá ao público de 09.00 h a 13.00 h.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19

 

    A Consellería de Educación ven de publicar unha serie de medidas a seguir pola comunidade educativa con motivo da pendemia provocada polo coronavirus SARS CoV-2 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

  Estas medidas inclúen:

   -  A suspensión de todo tipo de actividade lectiva en todos os centros de ensino non universitario.

    -  O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

    - Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

      Para máis información visítese a web da consellería.

Unha autoestrada detrás do enchufe, 4º ESO

   

    O alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Tecnoloxía asistiron o pasado 11 de marzo á exposición interactiva "Unha autoestrada detrás do enchufe".

    Esta visita gratuíta estaba organizada por REE en Palexco, A Coruña. O alumnado descubriu como funciona e se xestiona un sistema eléctrico a partir de tres ideas centrais: que é a electricidade, como se transporta e como se consume.

Distribuir contido


by Dr. Radut