Skip to Content

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19

 

    A Consellería de Educación ven de publicar unha serie de medidas a seguir pola comunidade educativa con motivo da pendemia provocada polo coronavirus SARS CoV-2 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

  Estas medidas inclúen:

   -  A suspensión de todo tipo de actividade lectiva en todos os centros de ensino non universitario.

    -  O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

    - Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

      Para máis información visítese a web da consellería.



page | by Dr. Radut