Skip to Content

Dirección

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

 

 A Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, establece as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato.

     Os niveis de competencias dixitais que se acreditan son: iniciación e intermedio.

   Aquí poden consultarse os niveis de acreditación, requisitos para obter a acreditación, métodos de inscrición para as probas, calendario das probas e modelos das mesmas.

Anuncio convocatoria AXUDASLE 2024

 

     O día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024 na que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
     PRAZO DE SOLICITUDES ABERTO DENDE O 13 DE FEBREIRO ATA O 12 DE MARZO (INCLUíDO)
     O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web , cubrindo o formulario electrónico que corresponda.

Xornada de portas abertas. Febreiro 2024

   

    O próximo luns, día 19 de febreiro de 2024 no salón de actos do noso centro terá lugar a xornada de portas abertas.

    Haberá unha sesión ás 16:30 para o alumnado da ESO e outra ás 17.30 h para o alumnado de bacharelato.

Observa_Acción

   

     Durante este trimestre un grupo de profesores e profesoras do centro estiveron participando na primeira fase do Programa de intercambio de experiencias OBSERVA_ACCIÓN publicado na RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
  

    O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

    A primeira fase deste programa realizouse entre docentes deste centro educativo e consistiu na observación da práctica docente e xestión da aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente.
    Na seguinte ligazón pódese consultar a memoria final.

Acreditación lingüística do alumnado LE

   

    O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL), segundo corresponda.

    Poderá participar alumnado que curse 4º da ESO, 1º de bacharelato e 2º de bacharelato no curso 2022/23.

    As probas que realizará o alumnado corresponderanse co nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira) e terá que ser unha das probas recollidas no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016.

    O alumnado interesado deberá entregar na Secretaría do centro antes do 23 de setembro o compromiso de participación cuberto e asinado. Non se recolleran solicitudes por correo electrónico.

    Pódese descargar o compromiso no seguinte link: COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN

    Pódese acceder á convovatoria no seguinte link: TEXTO DA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

 

 

Xornada de portas abertas 2022

   

    O próximo día 21 de febreiro de 2022 no salón de actos do noso centro terá lugar a xornada de portas abertas.

    Haberá unha sesión ás 16:30 para o alumnado da ESO e outra ás 17.30 h para o alumnado de bacharelato.

    Para calcular o aforo é preciso que as persoas interesadas en asistir cubran esta enquisa.

Admisión de alumnado para o curso 2022-23. Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

       
   O 11 de xaneiro de 2022 iníciaronse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

   O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

   A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Eleccións ao Consello Escolar (III). SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

 

    Corresponde elixir a 1 pai/nai, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018.
    Son electores todos os pais e nais incluídos no censo exposto no taboleiro de anuncios.
    Son elixibles pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro.
   As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do citado día 11 de novembro.
    O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 15 de novembro, ás 12:10 horas.
   A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 20 de novembro, ambos días inclusive.
    As votacións realizaranse neste IES o día 22 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas.
    Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos presentados. 

                                                            Ver información completa. 

Distribuir contido


by Dr. Radut