Skip to Content

Dirección

“Robot Dance”, un proxecto europeo de robótica e de intercambio de experiencias

   

    O Diario de Ferrol publica un artigo sobre o proxecto europeo no que participa o noso centro, Robot dance.
    Un dos obxectivos deste proxecto é intercambiar experiencias educativas con centros de Finlandia e Gales, para elo terán lugar reunións e eventos nos países participantes para os responsables da administración educativa, o profesorado e o alumnado.
    O proxecto rematará no ano 2020 co deseño e elaboración dun baile realizado por un robot Lego. Os robots deberán facer o mesmo baile, á vez nos diferentes países.

                   Podes visitar o artigo aquí.

Reunión informativa

   

    Como se comunicou ao comezo deste curso, o alumnado participante na iniciativa de Educación Dixital (E- Dixgal), enmarcada dentro do Proxecto Abalar, disporá ao longo deste curso de novos equipos individuais para uso educativo

    Co obxectivo de informar os pais ou titores legais do alumnado de 1º ESO sobre a cesión de uso dos devanditos equipos ao alumnado e as súas familias, terá lugar unha reunión o próximo día 09-01-2018, martes, no salón de actos do centro ás 18,15 h.

Recollida de alimentos

   

      Como todos os anos por estas datas, o ANPA organiza unha recollida de alimentos non perecedeiros no recibidor do centro.

    Os alimentos serán entregados a organizacións que se ocupan de axudar a xente con dificultades económicas.

Viaxe a Finlandia

        O 29 e 30 de novembro, a directora do centro e a coordinadora do proxecto Robot dance viaxaron a Finlandia para asistir a varias reunións onde tiveron a oportunidade de coñecer os responsables do proxecto de Gales e Finlandia e visitar centros escolares de primaria e secundaria.

María Cal recibe o seu galardón como premio extraordinario de bacharelato.


 
 

    O venres, 28 de abril, na Cidade da Cultura, tivo lugar a entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato, FP e Ensinanzas Artísticas.

   Entre os premiados estaba María Cal, alumna do IES Sofía Casanova o curso pasado.

    Despois da entrega de premios, dirixíronse aos asistentes Diego Rancaño, en representación dos alumnos galardoados, Teresa Sebio, directora do IES Sofía Casanova, en representación dos directores, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

  RTVG     La Voz de Galicia     El Correo Gallego     Galicia Hoxe  e europa press fixeronse eco do evento.

        Galería de imaxes

Axudas para os Campus Científicos vacacionais

 

   Publicada a Resolución de 23 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participar no Programa "Campus Científicos de Verano" para alumnos de Ensino Secundaria e Bacharelato durante o ano 2017.

        Máis información

Letras de lembranza e agradecemento para Sofía

   

     O IES Sofía Casanova está consternado polo falecemento da súa antiga alumna Sofía Querol Herrero. Estamos tristes, si, pero queremos recuperar o alento para empaparnos da súa enerxía vital; para esbozar un sorriso lembrando, por exemplo, unha das moitas sentenzas existencialistas que se poden ler no seu blog: “ La cabeza es redonda para que el pensamiento pueda cambiar de dirección” ou para facernos eco das seguintes palabras de lembranza e agradecemento da súa amiga e compañeira Lucía Coya Iglesias:

Acto de entrega do premio "Ferrolán do Ano" para o Sofía Casanova

   

    O 7 de xaneiro, festividade de San Xiao, celebrouse un programa de actos no que se entregou a este centro o distintivo de Ferrolán do Ano.

    Ese programa de actos comenzou ás 11:00 da mañá cunha misa na concatedral de san Xiao en honra do patrón de Ferrol. Paralelamente, o noso antigo director, Juan Silvar, falaba en Radio Voz, en representación do instituto.

Ás 12:00, no Teatro Jofre  (Ver fotos), a Corporación Municipal de Ferrol recibiu á Corporación Municipal de Lugo, ós directores e directoras da Compañía de María, IES Sofía Casanova, CEIP Recimil, CEIP Masdías, CEIP San Xoán, así como ós representantes do Club de Prensa, Escola de Hostelería da Armada e Colexio de Arquitectos-Delegación de Ferrol.

Distribuir contido


by Dr. Radut