Skip to Content

Dirección

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19

 

    A Consellería de Educación ven de publicar unha serie de medidas a seguir pola comunidade educativa con motivo da pendemia provocada polo coronavirus SARS CoV-2 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

  Estas medidas inclúen:

   -  A suspensión de todo tipo de actividade lectiva en todos os centros de ensino non universitario.

    -  O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

    - Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

      Para máis información visítese a web da consellería.

Escola de pais e nais

         Onte, ás 16.00 h, na biblioteca, tivo lugar a primeira actividade de formación dentro da Escola de Pais e Nais do centro. Esta actividade consistiu nun obradoiro, impartido por Rosa García da asociación ASFEDRO, sobre a prevención das adiccións.

Convocadas axudas para actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019

   

     Ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

Xornada de portas abertas 2019

   

    O luns, 18 de febreiro, terá lugar unha xornada de portas abertas no IES Sofía Casanova.

    16.30: Familias e alumnado procedente de primaria.

    18.00: Familias e alumnado procedente de secundaria.

Presentaranse:

  1.  As instalacións.

  2.  A oferta educativa do centro para ESO e Bacharelato.

  3.  Os programas e proxectos nos que estamos inmersos.

  4. Algunhas das actividades complementarias e extraescolares que se realizan anualmente.

Programas e proxectos. Curso 2018-2019

PROGRAMAS   E   PROXECTOS

nos que está inmerso o IES Sofía Casanova: 
   

Os programas e proxectos son independentes da oferta educativa seleccionada polos alumnos.
   
Ligazóns a páxinas da web do Sofía Casanova relacionadas cos programas e proxectos:
   

Erasmus + Robot Dance

STEMBach

Espazos maker

Edixgal

Club de ciencia

Proxecto deportivo de centro

Recreos deportivos

O mundo que queremos (Plan Proxecta)

Correspondentes xuvenís 3.0

Biblioteca PLAMBE

Club de lectura adultos

Voluntariado de biblioteca

Teatro

Coro

Seccións bilingües

Equipo de Dinamización Lingüística

Contratos Programa

Club de manga

Sofía saudable

Mellora da convivencia

       

 

 

 

 

 

Contratos Programa

   

     O IES Sofía Casanova resultou seleccionado para participar nas tres actuacións que solicitou no marco dos contratos-programa para o curso 2018/2019.

    -  Reforzo, orientación e apoio (PROA). Actuación 1.

    -  Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros. Actuación 3.

    -  Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia. Actuación 5.

    Os contratos-programa están dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos. Para máis información sobre estes plans e as citadas actuacións (descrición, obxectivos, alumnado destinatario e recursos), pode consultarse aquí.

O IES Sofía Casanova na prensa local

 

   A edición local de La Voz de Galicia recolle a entrga de ultraportátiles ós alumnos deste centro por parte da Consellería de Educación, dentro do programa E-Dixgal.

    Máis información en La Voz de Galicia.

Visita de profesores de Gales (Erasmus+)

 

     O martes, 16 de xaneiro, no marco do programa Erasmus+, visitaron o IES Sofía Casanova profesores de varias escolas de Gales: Carol Gruffydd (Ysgol Uwchradd Bodedern), Michelle Whittington, Kim Farley e Jillian Mitchell (Shirenewton Primary), Mark Carrington (Twynrodyn Primary), Hannah Morgan (Gilfach Fargoed Primary) e Nicola Packham (Derwendeg Primary).

    Durante a mañá, visitaron a Biblioteca para reunirse con membros do Club de Lectura, asistiron aos recreos deportivos, a unha clase de Robótica, a outra de Inglés (en 1º ESO), reuníronse no laboratorio con membros do Club de Ciencia, participaron nunha clase de Lingua e literatura castelá e noutra de Lingua e literatura galega (ambas en 1º bacharelato) e remataron en clase de Matemáticas (4º ESO A).

Distribuir contido


by Dr. Radut