O 27 de outubro, ás 12:10 na biblioteca do centro realizouse o sorteo público para elixir a Xunta Electoral que está a supervisar o proceso. Dada a importancia que ten o Consello Escolar para o goberno do centro pedimos a colaboración das nais, pais ou titores legais do noso alumnado para presentar a súa candidatura como representante deste estamento, ao que lle corresponden 3 postos pola matrícula do IES Sofía Casanova. Na actualidade as familias teñen os seus representantes, dos que hai que renovar un (1) deles por fin de mandato. Respecto ao alumnado, hai que renovar os 4 representantes. O Equipo Directivo quere animar á participación tanto na presentación de candidaturas como no proceso de elección para que toda a comunidade educativa poida participar na boa gobernanza do centro. Envíase a convocatoria correspondente a este sector.
O xoves 14-10.2021 realizouse unha andaina ata o Bosque dos nenos, en Valón, polo alumnado de 1º de ESO A,B,C e D.
Os departamentos de Debuxo, E. Física e Bioloxía organizaron esta saída una fermosa má onde alumnado fixo unha caminata de un 7 km, para debuxar os seres que habitan neste fermoso ecosistema.
Descripción: Este video é unha mostra dos espazos, contidos e plans que facemos no centro para o curso 2020-21. O video está enfocado ao alumnado que quere ver como funciona o centro para incroporarse no curso 21-22.
Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, a xornada de portas abertas que todos os anos se realizaba para as familias que estaban interesadas en solicitar praza no centro, vai ser on line o día 02-03-2021, martes,
ás 17.30 h para a ESO e,
ás 18.30 h para o bacharelato.
As persoas interesadas en asistir deben cubrir un formulario.
Queremos comunicarlle ás familias que o centro está traballando arreo para adaptarse ás novas circunstancias. Toda a información que xurda irase comunicando na páxina web e por medio de aplicación AbalarMóbil. Mentras o curso non se inicia, queremos pedir a toda a comunidade educativa paciencia e tranquilidade, seguro que entre todos/as faremos que todo saia ben.
Abrese o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público
1- As familias dispoñen de prazo ata o 19 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
2- Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de ESO.
O alumnado matriculado en 1º e 2º de ESO, cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. No obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
3- A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.
4- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: ttps://sede.xunta.gal.
No panel "O Centro", situado na parte superior esquerda desta páxina, pode atoparse unha relación actualizada do profesorado e das correspondentes direccións de contacto.
A ruta é: Departamentos/"Departamento X"/Compoñentes.
Seguindo as medidas do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, no seu artigo 9, este centro suspende a actividade educativa presencial.
Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das modalidades a distancia e «on line», sempre que resulte posible.
Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o RD ou, se é o caso, as prórrogas deste.