O 11 de xaneiro de 2022 iníciaronse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos. A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado. |
Presentarase unha única solicitude no centro elexido como primeira opción, na que se poderán relacionar outros centros por orde de preferencia, sendo posible cumprimentala na aplicación vía web, ou descargala e cumprimentala de forma manual.
As solicitudes, cubertas vía web ou de xeito manual, entregaranse no centro.
As datas establecidas para a entrega destas solicitudes van dende o 1 ao 20 de marzo.
(Nota: Con motivo da pandemia COVID-19, Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes)
Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5 da Orde do 25 de xaneiro de 2017.
A documentación acreditativa dos criterios alegados para solicitar a praza, que se aplicarán no caso de haber máis solicitudes que prazas, entregarase do 25 de marzo ao 5 de abril.
As listaxes provisionais de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 25 de abril.
As listaxes definitivas de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 15 de maio.
A matrícula dos alumnos admitidos terá lugar no mes de xullo para os aprobados na convocatoria ordinaria e no mes de setembro para os pendentes de exames de setembro. As datas para estas matrículas publicaranse a finais de xuño.
O centro non aplicará ningún criterio complementario para puntuación de acceso.
Normativa aplicable para para o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos:
AnexoII-C ED55OB-C