Skip to Content

A defensa dos traballos do alumnado do STEMbach na prensa local

       O Diarío de Ferrol recolle a defensa que os alumnos do STEMbach do Sofía Casanova realizaron ante os correspondentes tribunais no  Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña (UDC).

A prensa local recolle a visita da Compañía Cariátides ó Teatro Jofre

   

     A prensa local recolle a visita ao Teatro Jofre da Compañía Cariátides, nacida no IES Sofía Casanova no marco do Proxecto LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje): La Voz de Galicia, Diario de Ferrol).
    O día 22 algúns membros da compañía acudiron a Radio Voz e contaron aos oíntes en que consistía o seu proxecto.

Erasmus Robot Dance no IES Sofía Casanova

   

     A primeira semana de xaneiro tivo lugar unha nova movilidade do Erasmus+ Robot Dance, profesores socios de Gales e Finlandia estiveron na nosa cidade. Foi unha semana moi intensa na que o centro:
    · estivo como anfitrión da xornada formativa do 13 de xaneiro, mostramos as nosas instalacións, os proxectos STEMBach e organizamos un Escape Room
    · colaborou na “gymcana” urbana de orientación que se realizou por Ferrol, para que o profesorado extranxeiro coñecese a nosa cidade
    · realizou uns obradoiros no CIS para mostrar os nosos robots
    · colaborou nun obradoiro de Makeblock realizado no CFR de Ferrol.

Resultou unha semana moi intensa, pero moi gratificante.

    O Diario de Ferrol (e dous) e a COPE  fixéronse eco das actividades.

Olimpiada matemática

   

     O alumno Daniel Grande Fernández obtivo mención de honra la Olimpiada Matemática Galega celebrada o venres 17 de xaneiro na Facultade de Matemáticas en Santiago.

    Parabéns, Daniel!

Presentación de Proxectos STEMBach bienio 2018-2020

   

    O xoves 23 de xaneiro en horario de 16:00-20:00 h terá lugar a Presentación de Proxectos STEMBach bienio 2018-2020. Esta presentación realizaráse no Campus de Esteiro-Ferrol, na Aula de Posgrado da EPS (UDC) .

    Nos arquivos adxuntos atópanse a relación dos proxectos que se van presentar e os criterios de avaliación.

Felicitación Nadal 2019

   

    Rematou o 2019 cunha gymkhana na que participaron os alumnos da ESO.

    A comunidade educativa do IES Sofía Casanova quere felicitarvos un ano máis.

                       Bo Nadal e Feliz Ano 2020!

Visita a Sotavento por alumnado de 3º ESO

 

    O 18 de decembro, o alumnado de 3º ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento. Esta visita estivo xestionada polo departamento de Tecnoloxía Este Parque é un referente na divulgación e educación enerxética.
     Alí puideron coñecer o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivenda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

Escola de pais e nais

         Onte, ás 16.00 h, na biblioteca, tivo lugar a primeira actividade de formación dentro da Escola de Pais e Nais do centro. Esta actividade consistiu nun obradoiro, impartido por Rosa García da asociación ASFEDRO, sobre a prevención das adiccións.
Distribuir contido


by Dr. Radut