Skip to Content

Concesión do selo "Biblioteca Escolar Solidaria" á biblioteca do Sofía Casanova

         A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ven de conceder o Selo «Biblioteca Escolar Solidaria» á Biblioteca do IES Sofía Casanova  dentro do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, ó recoñecelle á bibliotreca destre centro as iniciativas destinadas a promover o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e as súas familias, e a recoñecer, así mesmo, os esforzos da comunidade educativa por conformar “bibliotecas escolares inclusivas”, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento.

Fondo solidario para libros de texto e material escolar 2019

   

       O 11 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro:

1- Listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e vales para material. Aquí

 2- Listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión. Aquí
 
3- Relación provisional de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada e a documentación da que carezan. Aquí

    As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional: os días 12 (venres) e 15 (luns) de xullo.

                    Fondosolidario-DOGA

Exames setembro 2019

 
              

    

A labor investigadora do bacharelato STEM

 

     La Voz de Galicia recolle a actividade investigadora dos alumnos que cursan o bacharelato STEM no IES Sofía Casanova.

    17 alumnos están involucrados en varios proxectos de investigación coordinados por profesores da Universidade da Coruña (UDC): oito deles na Escola Politécnica Superior (EPS), un vinculado á Facultade de Enfermería e Podoloxía e outro co departamento de Física e Ciencias da Terra.

Viaxe de fin de curso por Bélxica e os Países Baixos

 

      O alumnado de 4º de ESO fixo unha interesante e intensa viaxe de fin de curso por Bélxica e os  Países Baixos.

   Visitaron Bruxelles (Bruxelas), Antuerpen (Amberes), Gante, Bruges (Bruxas) e Ámsterdam, cidades nas que contaron con guías.

Jorge Cabanas en La Voz de Galicia

     

   Despois de rematar de xeito brillante os seus estudos de bacharelato nestre centro, Jorge Cabanas Varela, obtivo unhas cualificacións destacadas nas ABAU (probas de selectividade).

    Na edición para Ferrol de La Voz de Galicia, recóllense as súas excelentes notas na selectividade, a súa experiencia neste centro, e os seus desexos de estudar biotecnoloxía na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela

O alumnado de 2º ESO nos Picos de Europa

 

 Saída fin de curso de 2º de ESO a Picos de Europa para realizar actividades no medio natural: sendeirismo polo Lagos de Covadonga, ruta a cabalo, parque multiaventura, espeleoloxía, visita a Cangas de Onis para rematatar co descenso do Sella.

    Felicitacións aos rapaces polo seu comportamento e a súa animada participación en tódas as actividades programadas.

O Club de Ciencias - Sistema Solar Ferrolterra

   

      Na entrada do instituto estes días pódense atopar algún dos traballos que fixemos no noso papel de VENUS, como parte da nosa participación no proxecto Sistema Solar Ferrolterra.
    Están expostos os logos propostos para o proxecto e a interpretación da Venus de Botticelli que fixeron na materia de EPVA de 4º ESO, e unha selección de libros, feita desde a biblioteca, tanto científicos como de poemas. Tamén hai unha sección máis científica realizada polos compoñentes do club de ciencias, e unha selección de poemas relacionados con Venus que recompilou o noso profe de Lingua Castelá, Daniel Iglesias.
    Este é o froito dun traballo multidisciplicar e o resultado é espectacular. Grazas a todos polo voso esforzo todos estos meses!

Distribuir contido


by Dr. Radut