Skip to Content

II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

        Alumnado de 2º ESO participou na II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos onde tiveron que superar probas como construir un arco de dovelas, unha ponte de Leonardo,  construcción de pontes a través dun videoxogo, proba de loxística (transporte de contedores cun camión teledirixido), construcción dunha presa con materiais soltos e crebacabezas de distintas obras de inxeñería.  

Viaxe a Kuopio

   

    Alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova, CPI A Xunqueira e CPI San Sadurniño viaxou a Kuopio, do 10 ao 14 de febreiro. Esta foi a última mobilidade do ERASMUS + Robot Dance que despois de 3 anos, está a piques de rematar.
    Esta vez poidemos visitar centros educativos fineses e practicar robótica ademais de practicar actividades de neve. Foi unha experiencia fantástica chea de oportunidades para todos nós.
    Grazas ao CFR de Ferrol por organizar este proxecto que tanto nos aportou.

                 Podedes ver fotos na nosa conta de Instagran

Segunda xornada da Escola de Pais e Nais 2020

   

    O xoves 06 de febreiro, tivo lugar a segunda xornada dentro da Escola de Pais e Nais do centro.
    Persoal do colexio de médicos da Coruña falou sobre educación sexual saudable.

Música en Santiago

         Os días 7 e 11 de febreiro, alumnos de Música de 4º ESO e 1º bacharelato, asistiron en Santiago a dúas representacións: “O flamenco e outras músicas”, no Auditorio, e ao espectáculo de teatro, danza e circo “Involución”, no Teatro Principal. Máis información e vídeos sobre as mesmas, no Blog de Música e nos enlaces anteriores.

Herstóricas

     Os día 28-29 o alumnado do IES Sofía Casanova recibiu a visita do grupo Herstóricas, un equipo multidisciplinar interesado na historia das mulleres que reivindica e fai visible e accesible o papel da muller na historia mediante distintos proxectos que promoven a participación, o debate e o pensamiento crítico. O taller que levaron a cabo cos alumnos de 3º e 4º ESO tratou da "representación feminina na arte".

Visita aos Museos Científicos Coruñeses

     O día 4 de febreiro, no marco dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, o alumnado de 3º ESO visitou os Museos Científicos Corruñeses: Casa das Ciencias, Aquarium Finisterrae e Domus.

Alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova visita Cardiff

 

   Do 27 ao 31 de xaneiro, alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova viaxou a Cardiff dentro do proxecto europeo no que está a participar o centro, Erasmus +. Robot dance.
    Alí poidemos visitar o Bishop Walsh Catholic School e participar en varios obradoiros de robótica.
    Con nós viaxou alumnado e profesorado de CPI A Xunqueira e CPI San Sadurniño. Moitas grazas ao CFR de Ferrol por darnos está oportunidade.

     Podedes ver fotos da viaxe na conta de Instagram sofia_club_ciencia

Xornada de portas abertas 2020

   

    O xoves, 27 de febreiro, terá lugar unha xornada de portas abertas no IES Sofía Casanova.

    16.30: Familias e alumnado procedente de primaria.

    18.00: Familias e alumnado procedente de secundaria.

Presentaranse:

  1.  As instalacións.

  2.  A oferta educativa do centro para ESO e Bacharelato.

  3.  Os programas e proxectos nos que estamos inmersos.

  4. Algunhas das actividades complementarias e extraescolares que se realizan anualmente.

Distribuir contido


by Dr. Radut