Skip to Content

O IES Sofía Casanova na prensa local

 

    Nas súas edicións locais, La Voz de Galicia e o Diario de Ferrol recollen a estancia dun grupo de alumnos do Sofía Casanova en Os Peares (Ourense) dentro da semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

    O alumnado participante, en réxime de internado nun campamento de innovación, desenrolará ata o sábado actividades  co obxectivo de ampliar ós seus coñecementos científico-tecnolóxicos.

A biblioteca do Sofía na prensa local

      O Diario de Ferrol recolle o papel que as bibliotecas escolares, entre as que destaca a do IES Sofía Casanova, xogan na educación actual constituíndo unha ferramenta fundamental no sistema de ensino ó proporcionar información e ideas para desenrolar destrezas de aprendizaxe fundamentais para o éxito na nosa sociedade.

Erasmus ROBOT DANCE, Cardiff 2019

     O IES Sofía Casanova asistíu en Cardiff a unha nova reunión TPM dentro do proxecto ROBOT DANCE onde se fixo un seguimento do mesmo. A finalidade do proxecto é diseñar uns robots LEGO EV3 Mindstorm na que todos os socios bailen conxuntamente Ó voltar, no aeroporto atopamos a Carlos Núñez que foi moi amable e gravou con nosco un vídeo no que pon música a unha proposta de baile para o proxecto.

Medalla de bronce en judo

   

   A alumna de 2º de bacharelato, Rita Cid Rivas, do AD Judo Ferrolterra, con tan soio 17 anos acaba consegir a medalla de bronce na categoria absoluta, no Campionato Galego Absoluto 2019, celebrado en Ferrol.

Parabéns Rita!

Tecnólog@ por un día

   

     Nove alumn@s do centro poden disfrutar do Programa Tecnólog@ por un día. Nesta actividade experimentarán en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas (Altia, SIVSA, Aldaba, Everis, Corporación Televés...)
     Os/as participantes compartirán unha xornada laboral participando nas distintas actividades que o profesional voluntario teña na axenda (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc.) axudándolles a coñecer as dinámicas deste tipo de profesións e resolver as súas dúbidas vocacionais.

Concurso de Prototipos

   

    O 30 de outubro celebrouse na EPS a XXIV Edición do Concurso de Prototipos, nel participaron o alumnado de: Robótica, Tecnoloxía Industrial I, Tecnoloxía Industrial II e Electrotecnia.
    Nesta edición o profesor Javier Cuadrado propuxo, ós seus alumnos de terceiro curso do grado de Inxeñería Mecánica e os nosos alumnos, a construcción dun trebuchet, catapulta tamén chamada trabuquete ou lanzapedras. Este trebuchet tiña que ter como contrapeso un brick de nata de medio litro e tiña que lanzar unha pelota de tenis o máis lonxe posible.

   La Voz de Galicia recolleu nas súas páxinas este concurso.

Prevención do consumo de alcohol e drogas

         No IES Sofia Casanova, os días 7 e 8 de novembro impartíronse as charlas do Plan Director destinadas á prevención do consumo de alcohol e drogas para o alumnado de 2º da ESO.

Saída ó complexo xeolóxico de cabo Ortegal

          Alumnos de 1º Bach de Bioloxía e Xeoloxía acudiron acompañados de dous profesores e do doctor en xeoloxía Francisco Canosa, a unha saída o complexo xeolóxico de cabo Ortegal visitando zonas de grande interés xeolóxico situadas na Capelada, Cariño e praia de Fornos.
Distribuir contido


by Dr. Radut