Skip to Content

Graduación 2º bacharelato 2019

   

Pode verse o vídeo da graduación (gravado e editado por “Mirada de Madrina”) nesta ligazón:

              https://www.youtube.com/watch?v=msKW6J6WOyQ&feature=youtu.be

  Para as fotos, hai duas opcións (son fotos diferentes):
              1-Encargarllas a Susana Valverde (teléfono: 651 61 36 30). Susana é a fotógrafa que fixo a orla e as fotos da mesma.
               2- Escoller na galería de “Mirada de Madrina” (teléfono: 688 911 000), nesta ligazón:  

         https://miradademadrina.com/graduacion-ies-sofia-casanova-galeria/
               O contrasinal é GSC_20132019

Plan Proxecta "O mundo que queremos". 6ª parada. Acto final.

   

     Para concluír co Plan Proxecta "O mundo que queremos", o alumnado de 3º ESO elaborou nas clases de Educación Plástica e Visual unha serie de lenzos nos que se representan cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, qeu foron expostos no seu corredor, zona de paso do resto do alumnado.
     Con este último acto preténdese dar visibilidade ao traballo levado a cabo ao longo deste curso en torno aos ODS.

Encontro de coros

   

    O pasado sábado 15 de xuño, celebrouse no IES SOFÍA CASANOVA o I Encontro de Coros Escolares de Ferrolterra.

    Alumnos do IES CARBALLO CALHERO, IES TERRA DE TRASANCOS, IES DE BREAMO e IES SOFÍA CASANOVA , participaron no acto, no que cada coro interpretou dúas pezas.
    Para rematar interpretaron todos dúas cancions comúns.

O alumnado de 1º ESO visita Doniños

   

     O martes 11 de xuño 52 alumnos de 1º ESO fixeron unha saída organizada polos departamentos de Bioloxía e Educación Física a Doniños.

    Pola mañá recorreron o Val de Doniños e a lagoa, facendo diversas paradas para o estudo dos ecosistemas lacustres, a xeomorfoloxía e a biodiversidade das especies da zona. En Outeiro visitaron o monumento a Ros.
    Logo do almorzo no pinar, fixeron unha camiñada dende a praia de Doniños ata a de San Xurxo, na que disfrutaron das paisaxes dos cantís e illotes, do castro de Lobadiz e da botánica característica da zona.

O alumando de 3º ESO visita a exposición "Entrar no cadro"

   

    O venres 14 de xuño, alumnado de 3º ESO visitou no Museo da Construción Naval de Ferrol a exposición “Entrar no cadro. Entrar na pintura” organizada polo Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.

   O alumnado foi acompañado por profesoras do departamento de Tecnoloxía e puideron achegarse, grazas á realidade virtual, a un modo diferente de sentir a pintura. Deste xeito puideron asomarse aos prados franceses pintados por Van Gogh, visitar Nova York cos ollos de Mondrian e mergullarse entre as flores dun bodegón holandés do século XVII, obra de Balthasar van der Ast.

Gañadores do 1º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

   Os gañadores son:

1º ciclo ESO: Zoe Permuy de 1ºD con "Senta nas paralelas!"

2º ciclo ESO: Yanira Astolfi de 4ºC con "Cazando nubes"

Bacharelato: Marta de Castro de 1ºC de bacharelato con "Patróns"

        Os premiso repartiranse ao longo da semana.

Datas de matrícula para o curso 2019-2020

x luns martes  mércores  
    xoves  
 venres 
sábado domingo      ▪ Os sobres de matrícula recóllense en Conserxería.

u

17 18 19 20 21 22 23      ▪ O horario de oficina para  formalizar   a matrícula
  é de 9:00 a 13:00 horas.

ñ

o

24 25
Colexio
Ponzos
26
Colexio
Esteiro
27
Colexio
Recimil
28
1ºESO
29 30

 

    Seguro escolar: O importe do mesmo é de 1,12 € e procederase ó seu abono no momento de formalizar a matrícula.
Os alumnos de 1º e 2º de ESO non pagan seguro.
  1
2ºESO
2
3ºESO
3
4ºESO
4
1ºBach
5
2ºBach
6 7

x

u

 

 Ver en pdf

  8 9 10 11 12 13 14

ll

o

   

O alumnado de 4º ESO visita a escola Antonio Escaño

 
 

     O alumnado de 4º de ESO do IES Sofía Casanova visitou a Escola Antonio Escaño o día 29 de maio de 2019.

    Esta actividade estivo organizada polos Departamentos de Orientación e Tecnoloxía. Coñeceron a actividade profesional da Armada, pequeno museo, aulas de formación etc...

Distribuir contido


by Dr. Radut