Skip to Content

Probas de Avaliación do Bacharelato e Acceso á Universidade. ABAU xuño 2019

m                    
a luns martes mércores xoves venres sábado domingo      
i 20 21 22 23 24 25 26      Matrícula no centro en pdf.
o 27 28 29 30 31 1 2

x

 

 Cartel calendario

  3 4
5 6 7 8 9

u

   Todo, en pdf
  10 11 12 13 14 15 16

ñ

   
  17 18 19 20 21 22 23

o

   
  24 25 26 27 28
29
30
     
xullo 1 2 3 4 5 6 7      

Axudas para a adquisición de material escolar

    

     Abrese o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

    1-  As familias dispoñen de prazo ata o 21 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

    2- Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de ESO.

O alumnado matriculado en 1º e 2º de ESO, cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. No obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir
material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

    3- A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

                    máis información e descarga de solicitudes

Hospital de Robots. FPinnova

   

    Unha representación do alumnado de Robótica estivo na FPinnova que se celebrou a primeira semana de maio na Cidade da Cultura.

    O alumnado de Robótica participa no Proxecto Hospital de Robots do CIFP Ferrolterra, nel están a montar un robot, a “disfrazalo” deseñando e imprimindo coa impresora 3D e tamén teñen que impartir uns obradoiros do manexo do robot.

Listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2019-2020

   

   Seguindo o disposto na orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, procédese á publicación das listaxes definitivas do alumnado de ESO e Bacharelato admitido nestre centro para o vindeiro curso 2019-2020.

 

O alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO visita o Centro de Interpretación de Caldoval

   

     O pasado venres 10 de maio, o alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO A, B, C, D visitou o Centro de Interpretación de Caldoval, onde puideron ver os restos arqueolóxicos dunhas thermae romanas pertencentes a unha villa a mare romana habitada na época imperial (s. I e V d C.).
     A través dunha visita guiada os alumnos puideron comprobar como vivían e se cuidaban os habitantes da Galicia romana. Coñeceron o funcionamentodos dos baños, o seu uso, e as características de cada unha das estancias do circuíto termal; vestimentas dos bañistas e calzado; que facían nos momentos de ocio; os deportes e xogos que practicaban.
    Tamén participaron nun obradoiro de ourivaría, que lles permitiu achegarse á ourivaría romana, e incluso practicar a elaboración dalgunha peza.

Campos de verán XuvenCiencia

   

     Volve o VII Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no que cento cincuenta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

    O Campus XuvenCiencia terá lugar do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula é 160 €. O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 3 de maio ata o 12 de maio.

Centro de Linguas da UDC, Campus de Esteiro Ferrol

 

 

    O dia 24 de abril visitounos a Coordinadora do Centro de Linguas da UDC, Marie Christine Mandic, para explicalle ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a oferta educativa do centro en canto a linguas estranxeiras, sobre todo de cara á obtención dos certificados B1 e B2 que moitos universitarios necesitan para as mobilidades dos programas europeos como Erasmus.
    Tamén se informou de que se ofertan cursos de verán para os que xa está aberta a preinscripción. O Centro de Linguas está situado no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus de Esteiro en Ferrol.
    Pódese encontrar información mais detallada na súa páxina web.

XXIV día da ciencia na rúa

   

     O Sábado 4 de Maio o alumnado do club de ciencias participou no Día da Ciencia na rúa en Coruña.  
     Entre outras cousas, os nosos rapaces e rapazas explicaron os diagramas de Voronoi, amosaron como o noso cerebro nos engana coas ilusións ópticas, fixeron que a xente se sentise como en Venus e prepararon xogos con robots cos que tanto nenos como maiores puideron gozar.

    Dámoslles os nosos parabéns polo duro traballo que fixeron durante todo o día.

Distribuir contido


by Dr. Radut