Skip to Content

Concerto Real Filharmonía de Galicia e Abraham Cupeiro: Pangea.

   

      O pasado 22 de febreiro, alumnos de 3ºESO A, 4ºESO A/B/C E 1º BACH E, acudiron a un concerto didáctico  no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
   O espectáculo, "Pangea. A paisaxe sonora do noso planeta”, foi deseñeado polo poliinstrumentista -natural de de Sarria- Abraham Cupeiro, que busca unir os cinco continentes a través da música. A batuta da Real Filharmonía de Galicia levouna o mestre Rafael Agulló.

Máis información sobre este evento, no blog de música do Sofía.

O IES Sofía Casanova en EDUGAL

   

     O IES Sofía Casanova en EDUGAL O pasado 27 de febreiro o IES Sofía Casanova estivo presente en EDUGAL có proxecto "Hospital de Robots - Creación dun robot educativo".

    O Hospital de Robots é un proxecto premiado do CIFP Ferrolterra có que colabora ó departamento de Tecnoloxía, nel o alumnado de Robótica ten que montar o robot educativo e levar a cabo algunha actividade de aplicación ou mellora.

O Sofía, tamén STEAM: Meninas de Canido

      O venres 15 de febreiro, os alumnos de 4º de EPVA fixeron un roteiro polas Meninas de Canido. Con esta actividade arrinca, unha ano máis, un proxecto sobre arte no que os alumnos elaborarán a súa versión unha obra clásica.  Como noutras ocasións, trataronse os distintos estilos artísticos que poden servir de punto de partida para versionar unha obra de arte. E, no barrio de Canido, como non podía ser menos, da arte como vehiculo de transformación social e do seu carácter efímero. Debido ás novas achegas dos murais deste ano, tratouse tamén o tema da diversidade, outro proxecto no que está inmerso o centro.
    Se queres, entra neste vídeo ilustrativo-explicativo.

Plan Proxecta: Segundos obradoiros de radio e vídeo

 

   Este martes, 26 de febreiro, o alumnado de 3º ESO realizou a terceira parada do Plan Proxecta: "O mundo que queremos". Nela, levaron á práctica o aprendido na parada anterior e puideron gravar, en radio ou vídeo, os seus traballos e reflexións sobre a a redución das desigualdades e a erradicación da pobreza, os dous obxectivos do desenvolvemento sostible que están a traballar neste proxecto.

    O Diario de Ferrol  deu conta desta actividade no noso centro." 

Encontro de coros

        O pasado 19 de febreiro, no centro Ágora da Coruña, celebrouse un encontro de coros, no que participou o Coro do Ies Sofía Casanova. No blog de música podedes ver as actuacións.

Oferta educativa, programas e proxectos, actividades complementarias e extraescolares

  1- Oferta educativa do centro para ESO e Bacharelato.

  2- Programas e proxectos nos que está inmerso o centro.

  3. Algunhas das actividades complementarias e extraescolares que se realizan.

III Edición dos Almorzos Saudables

   

   O venres 22 celebrouse a III Edición dos Almorzos Saudables do IES Sofía Casanova. Os alumnos puideron optar por:
    1. Batidos naturais -feitos no momento- de froitas e verduras diversas.
    2. Tostas de distintos tipos do pan do país, con mel, aceite, ou queixos e marmeladas naturais de pemento, tomate e arándano.
    3. Iogur con muesli e froitos secos.

    Coma nas anteriores edicións, esta actividade, que organizan os departamentos de Educación Física e Ciencias Naturais, dentro do programa "Sofía Saudable", non sería posible sen a incansable colaboración, total e absoluta da ANPA. Unha vez máis, grazas á ANPA pola súa entrega e implicación.

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2019-2020. Prazas vacantes

       

    Relación de prazas vacantes* para o vindeiro curso 2019-2020:

ESO:

           1º Curso:   28 prazas.

           2º Curso:    10 prazas.

           3º Curso:   1 prazas.

           4º Curso:   20 prazas.

BACHARELATO:

           1º Curso:  38 prazas.

           2º Curso:  0 prazas.

* O número de prazas verase incrementado en función das baixas de alumnado do centro que teñan lugar.

Distribuir contido


by Dr. Radut