Skip to Content

Ginkana nadal

        O pasado venres 21 de decembro celebrouse a tradicional ginkana de nadal, coa participación dos alumnos da ESO e a colaboración dos alumnos de bacharelato.

O Coro do Sofía Casanova na prensa local

        A prensa local, en concreto o Diario de Ferrol, recolle a importante labor desenrolada polo Coro do Sofía Casanova

Feliz 2019

        A comunidade educativa do IES Sofía Casanova desexa un venturoso ano 2019.    

Rastro solidario 2018

   

    Xa está exposto o tradicional rastro de Nadal na entrada do instituto. Un ano máis, en colaboración coa ANPA, organízase este rastro solidario en favor da Cociña Económica de Ferrol.

    Bo e Nadal a todos, desde o IES Sofía Casanova.

Campaña da ANPA

   

    A ANPA do IES Sofía Casanova iniciou unha campaña solidaria de recollida de alimentos, dirixida a persoas desfavorecidas. Para iso, solicita a colaboración das familias: precísanse produtos como leite, fariña, aceite, pasta, legumes, conservas, produtos de almorzo e leite infantil. Todos XUNTOS para achegar un anaco de Nadal a estas familias. Moitas grazas. CONTAMOS CONTIGO E CUN QUILO DE SOLIDARIDADE

    Hai un carro na entrada do instituto, onde cadaquén pode depositar o seu "quilo de solidariedade" dende o día 10 ata o próximo día 20.

         MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

25N – 10D: 16 días de activismo contra a violencia de xénero

   

     Un ano máis realizamos actividades en torno ao 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller). Comezaron desde a Biblioteca, “plantándose” contra a violencia de xénero, concienciando ao alumnado a través de vídeos e carteis  e propoñendo lecturas; á iniciativa sumouse o Club de Ciencia e as titorías.
    Esta campaña de 16 Días de activismo contra a violencia de xénero (ONU), Orange the World: #HearMeToo, rematou coa actuación do coro do instituto.
    Ese mesmo día deuse a coñecer o mural que realizaron os alumnos de EPV, un mural simbólico que representa as fases polas que pode pasar unha muller que se encontra ante este grave problema.
    A ANPA trouxo ao instituto unha exposición fotográfica da Casa da Muller de Ferrol que aínda pode contemplarse estes días na entrada do centro.
    Outro ano máis, no Sofía, toda a comunidade educativa unida para eliminar a violencia contra mulleres e nenas: ÚNETE para Poñer Fin á Violencia contra as Mulleres.

Equipamento para Espazos Maker

     O IES "Sofía Casanova" acaba de recibir da Consellería de Educación unha dotación de material para os espazos maker que inclúe un equipo de procesado audiovisual (con estación de procesado, pantalla grande e dúas portátiles), equipamento audiovisual (cámara dixital de foto e vídeo con obxectivos intercambiables e trípode, trípode de alta estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares, sistema de gravación completo, equipo multifunción cor tamaña A3 e escáner 3D), e mobiliario metálico (composto por carro para desprazar pequena equipamento e banco de traballo ou superficie fixa de traballo para maquinaria).

I Xornada de convivencia STEMBach en Santiago

   

     Os alumnos do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía do IES Sofía Casanova acudiron o día 27 de novembro á I Xornada de Convivencia STEMBach no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago. Asisitiron a este encontro uns 200 alumnos procedentes dos 15 centros de Galicia nos que se imparte esta modalidade de bacharelato. Esta xornada, de carácter formativo, foi inaugurada pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. A continuación, Deborah García Bello autora do blogue Dimetilsulfuro, dirixiuse ao alumnado para concienciar sobre a importancia de facer ciencia como sociedade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut