Relación de prazas vacantes* para o vindeiro curso 2019-2020: ESO: 1º Curso: 28 prazas. 2º Curso: 10 prazas. 3º Curso: 1 prazas. 4º Curso: 20 prazas. BACHARELATO: 1º Curso: 38 prazas. 2º Curso: 0 prazas. * O número de prazas verase incrementado en función das baixas de alumnado do centro que teñan lugar. |
Presentarase unha única solicitude no centro elexido como primeira opción, na que se poderán relacionar outros centros por orde de preferencia, sendo posible cumprimentala na aplicación vía web, ou descargala e cumprimentala de forma manual.
As solicitudes, cubertas vía web ou de xeito manual, entregaranse no centro dende o 1 ao 20 de marzo.
Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5 da Orde do 25 de xaneiro de 2017.
A documentación acreditativa dos criterios alegados para solicitar a praza, que se aplicarán no caso de haber máis solicitudes que prazas, entregarase do 25 de marzo ao 5 de abril.
As listaxes provisionais de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 25 de abril.
As listaxes definitivas de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 15 de maio.
A matrícula dos alumnos admitidos terá lugar no mes de xullo para os aprobados na convocatoria ordinaria e no mes de setembro para os pendentes de exames de setembro. As datas para estas matrículas publicaranse a finais de xuño.
O centro non aplicará ningún criterio complementario para puntuación de acceso.
Normativa aplicable para para o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos:
AnexoII-C ED55OB-C