Skip to Content

Admisón de alumnado para o curso 2022-2023. Publicación de listaxes provisionais.

       

    Mañá, mércores 20 de marzo, publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2022-23.

    As listaxes estarán expostas no panel da entrada do IES Sofía Casanova.

    Poderase interpoñer reclamación ás listaxes ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Saída a Santiago de Compostela. 2º de Bach

   

    O venres 1 de abril alumnado de 2º de bacharelato disfrutou dunha xornada frutífera en Santiago de Compostela.

    Os grupos de ciencias puideron coñecer de primeira man un centro de investigación en mediciña molecular e enfermidades crónicas,CIMUS, mentres que o alumnado de humanidades disfrutou co coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea no CEGAC. Pola tarde desprazámonos ao GAIÁS, onde poidemos coñecer a espectacular arquitectura da Cidade da Cultura.

Visita a Navantia

   

    O martes 22 e o xoves 24 de marzo, o alumnado de 4º de ESO da materia de Economía visitamos a empresa NAVANTIA.

    Na visita o Museo de NAVANTIA aprendemos o importante que foi o Estaleiro para a cidade de Ferrol, coñecemos a Fabrica de Turbinas, descubrimos os enormes talleres do estaleiro. Ademais imaxinamos a montaxe da fragata nas gradas e rematamos a xornada no Museo da Construción Naval.

Admisón de alumnado para o curso 2022-2023. Entrega de documentación.

       

    Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2022-23, informamos que aquelas persoas que solicitaron praza para o 2º e 4º cursos de ESO e 1º de Bacharelato deberán entregar na Secretaría, ou enviar escaneada ó correo electrónico do centro, a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron máis solicitudes que prazas se ofertan.
    É preciso aportar un certificado do padrón municipal actual, con todos os membros da unidade familiar, e de ser o caso, outra documentación alegada (certificado traballo,etc).

    Prazo: desde o 24 de marzo ata o 6 de abril.

    Nos restante cursos todo alumnado que solicitou praza está admitido.

Publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

 

    Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.
O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

    A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas. As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

    Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede. Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

Concurso "A Tarifa da Luz"

   

    Alumnado de 4º de ESO da materia de Tecnoloxía participou no concurso “A Tarifa da Luz”, organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
    O alumnado tiña que analizar unha factura da luz do fogar e facer un pequeño informe-proxecto que recollese consellos e recomendacións concretas para mellorar a factura da luz no fogar. 

    Resultaron premiados: Claudia Picos Tizón e Diego B. Sánchez Aneiros.

   Grazas a todos por participar e parabéns os gañadores!

    A prensa fíxose eco da noticia: La Voz de Galicia, comunicacións da Xunta.

Obradoiros de Atención emocional ao alumnado

     Se tés ansiedade, nervios, inadaptación, etc. e estás matriculado en 4º ESO ou Bacharelato convidámoste a asistir a estas sesións de apoio emocional.

Flashmob Tanxugueiras 2022

   

    Video elaborado nun obradoiro de baile realizado por Adrian da academia "All Dance".

    O alumnado, nun tempo record de unha hora, consegiu aprender a coreografía do famoso tema das Tanxugueiras.

    Moi contentos da gran participación nesta actividade voluntaria organizada polo departamento de Educación Física.

Distribuir contido


by Dr. Radut